Tobío Fernández, Xesús

Tobío Fernández, Xesús

Xornalista e escritor. Foi profesor axudante de dereito político na Universidad Complutense de Madrid, facultativo do Instituto Bibliográfico Hispánico ou integrante da Dirección General del Libro y Bibliotecas. Como xornalista colaborou en El Compostelano, El Correo Gallego, La Noche, “As nosas páxinas galegas” do ABC e en Mundo Gallego, foi redactor xefe da revista Chan (1963-1985) e redactor da axencia EFE. Colaborou en diversas revistas especializadas como Revista Internacional de Sociología, Revista de Estudios Políticos ou Boletín da Real Academia Galega e tamén en Bibliografía de traduciones españolas de obras sociológicas y sociales publicadas de 1870 a 1915. Escribiu, entre outras obras, La idea de progreso social en Concepción Arenal (1957). Como tradutor recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León en 1966 por Felipe II, de C. Petrie. Foi correspondente da Real Academia Galega.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela