"Samuel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
PERSOEIRO
Economista e político. Discípulo de François Quesnay, defendeu as teorías fisiocráticas na súa obra Fisiocracia ou constitución natural do goberno máis vantaxoso para o xénero humano (1767). Tralos sucesos do 18 de frutidor, emigrou aos EE UU. Regresou a Francia en 1802 e foi nomeado conselleiro de Estado por Luís XVIII. Escribiu, entre outras obras, Orixes e progreso dunha nova ciencia (1767) e Do poder lexislativo e do poder executivo que lle convén á República (1795).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor arxentino. Exerceu como xornalista e na súa obra reflectiu o drama psicolóxico e os cadros de costumes. Da súa produción destaca Soledad es tu nombre (1932), Un guapo del 900 (1940) e Pájaro de barro (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Ordenouse sacerdote en 1899 e desempeñou cargos destacados dentro da orde franciscana. Ás veces empregou o pseudónimo Fraysel e colaborou na prensa da época; dirixiu El Eco Franciscano e participou na redacción da revista Catecismo de San Martín. Cultivou os temas históricos e palestinianos cun fin didáctico, e como historiador centrouse basicamente na súa comarca natal e na historia dos franciscanos. Da súa produción cómpre salientar, Mágoas. Poesías gallegas (1902), Vida popular de San Antonio de Padua (1903), Narraciones y leyendas de Oriente (1906), España en Tierra Santa: páginas de la vida franciscana en Oriente (Siglo XVII). Apuntes históricos (1910), Cuadros de mi tierra. Recuerdos, impresiones, versos (1913), D’a-y-alma: Versos gallegos (1915), Rumores del Avia: versos ribereños (1916), Con flores a María. Diálogos de mayo, en versos, para niñas (1918), Froliñas de San...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial estadounidense. En 1900 fundou a Firestone Tire and Rubber Company, dedicada á fabricación de cubertas e neumáticos para automóbiles. Como presidente (1916-1918) da Asociación de Caucho de EE UU, dirixiu a conversión da industria do caucho cara á produción de material bélico durante a Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aventureiro ruso. Por orde do goberno percorreu Rusia e o Imperio Otomano na procura de antigos manuscritos caraítas, que despois doou á Biblioteca Imperial de San Petersburgo. A colección considerárona falsa os estudiosos do s XIX, aínda que estudios máis recentes demostran a autenticidade da gran maioría dos documentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Sam Francis, recibiu a influencia de Clyfford Still. Establecido en París en 1950, coñeceu os informalistas. Creou nas súas obras un espazo a base dunha xustaposición de manchas monocromas, que despois activou con grandes manchas de cor e con espacios intermedios, nos que baleirou un goteo de pintura. A mediados da década dos sesenta achegouse ás correntes minimalistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Comezou no cine con películas de serie B, que progresivamente abandonou para dedicarse a producións de maior entidade. Entre estes traballos destacan I Shot Jesse James (Balas vingadoras, 1948), Pickup on South Street (Mans perigosas, 1953), House of Bamboo (A casa de bambú, 1955), Run of the Arrow (Yuma, 1957), Merril’s Marauders (Invasión en Birmania, 1962), The Naked Kiss (Unha luz no hampa, 1964), Shark! (Arma de dous gumes, 1967), White Dog (Can branco, 1982) ou Street of No Return (Rúa sen retorno, 1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e gramático. Pertenceu ao grupo de educadores que realizaron, cara ao 1920, a experiencia pedagóxica do Instituto-Escuela de Madrid. Traballou no Centro de Estudios Históricos baixo a dirección de Ramón Menéndez Pidal. Preparou edicións críticas de clásicos casteláns (Mateo Alemán, Vicente Espinel, Francisco de Moncada, Diego de San Pedro) e fixo numerosos traballos de investigación. É autor do Curso superior de sintaxis española (1943) e Tesoro lexicográfico 1492-1627 (1960), dicionario de dicionarios que abrangue desde o de Nebrija ao primeiro dicionario da Academia Española de 1726-1739. Coordinou a preparación do Dicionario general ilustrado de la lengua española Vox. Tamén estudiou a linguaxe infantil, sobre todo, a partir do bilingüismo de Puerto Rico, e distintos aspectos da lingüística e literatura catalanas. Foi membro da Academia Española e correspondente do Institut d’Estudis Catalans (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Durante a Guerra Civil dirixiu o voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios Galicia Libre. Publicou varios libros de poemas e colaborou en diversas revistas literarias (1955-1977). O seu poemario Posío (1956) acadou o Premio de Poesía Galicia en 1955.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico neerlandés. Estudiou a estrutura atómica dos elementos baseándose nas características dos espectros correspondentes. En 1925, xuntamente con Uhlenbeck, avanzou a teoría do spin electrónico. Foi editor de diversas revistas de física.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cartelista e deseñador suízo naturalizado francés. Iniciouse como arquitecto con Viollet-le-Duc. Como deseñador de carteis, vidreiras, mobles e xoias, participou na estética da art nouveau. Publicou un método de composición ornamental (1905) e creou un modelo de tipografía (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán. Estudiou medicina, química e mineraloxía. Fundador da homeopatía, descubriu que todos os medicamentos eran hidrosolubilizables por frega (suspensión coloidal). Na epidemia de cólera de 1831 foi o primeiro en describir a causa como unha pequena estrutura vivente, e introduciu o tratamento antiséptico para combatela. Descubriu, xunto con outros homeópatas, a utilidade dos sales inorgánicos para a recuperación da saúde. Publicou Fragmenta de viribus medicamentorum positivis (1805), Reine Arzneimittellehre (1811-1820) e Die Kronische Krankheiten, ihre eigentümlige Natur und Heilung (1828-1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, vizconde de Templewood. Membro do Conservative Party, foi deputado en numerosas ocasións e ministro de Educación (1931) e de Asuntos Exteriores (1935). No goberno de N. Chamberlain foi ministro de Interior (1937-1940) e apoiou o Pacto de Múnic (1938). Churchill nomeouno embaixador en España (1940-1944) coa misión de manter neutral a Franco durante a Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Gobernador de Tennessee (1827), dirixiu a sublevación dos colonos anglosaxóns en Texas (1836) e foi o primeiro presidente da República de Texas (1836-1844). Despois da súa anexión por EE UU foi o seu gobernador. Deulle nome á cidade de Houston.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Desde a década de 1970 do s XVIII liderou a literatura inglesa. Foi autor de Life of Richard Savage (1774), Ditionary of English Language (1755), a novela The History of Scotland (1775) e Lives of the most Eminent English Poets (1779 e 1783). Contribuíu á súa popularidade a biografía que lle escribiu James Boswell.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo da ciencia estadounidense. Contra a visión acumulativa da ciencia, popularizou nocións como a de paradigma (cadro explicativo coherente vixente nun momento dado), crise, ruptura e revolución aplicadas á ciencia. Escribiu The Copernican Revolution (1957), The Struture of Scientific Revolutions (1962), The Essential Tension; Selected Studies in Scientific Tradition and Change (1977) e Black-Body Theory and The Quantum Discontinuity (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico polaco. Foi un dos fundadores da cardioloxía moderna. É autor de Coronary Thrombosis (1929) e de Clinical Heart Desease (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e economista irlandés. Foi o primeiro titular da cátedra de Economía Política do Trinity College de Dublín (1832-1836). Precursor de Böhm Bawerk, na obra Lectures on Political Economy (1834) destacou a importancia do concepto de custo de produción e aproximouse ao de utilidade marxinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor estadounidense. Foi pintor de retratos. A segunda metade da súa vida dedicouna á realización do telégrafo eléctrico. Co soporte económico da familia de Alfred Vail, puido construír o primeiro aparello e fixo as primeiras transmisións a distancia en 1837, en Nova York. Ideou o código de sinais a base de puntos e raias, coñecido como alfabeto Morse. A primeira liña telegráfica foi construída en 1844 de Washington a Baltimore. O invento de Morse foi perfeccionado inmediatamente por Edison en América e polos irmáns Siemens en Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico canadense. Coñecido como Glenn Ford, interpretou dramas, comedias e westerns. Obtivo un grande éxito con Gilda (1946) e tamén actuou en The Big Heat (1953), 3:10 to Yuma (1957), The four horsemen of the Apocalypse (1961), Day of the Assassin (1979) e Raw Nerve (1991).
VER O DETALLE DO TERMO