Gili i Gaya, Samuel
Filólogo e gramático. Pertenceu ao grupo de educadores que realizaron, cara ao 1920, a experiencia pedagóxica do Instituto-Escuela de Madrid. Traballou no Centro de Estudios Históricos baixo a dirección de Ramón Menéndez Pidal. Preparou edicións críticas de clásicos casteláns (Mateo Alemán, Vicente Espinel, Francisco de Moncada, Diego de San Pedro) e fixo numerosos traballos de investigación. É autor do Curso superior de sintaxis española (1943) e Tesoro lexicográfico 1492-1627 (1960), dicionario de dicionarios que abrangue desde o de Nebrija ao primeiro dicionario da Academia Española de 1726-1739. Coordinou a preparación do Dicionario general ilustrado de la lengua española Vox. Tamén estudiou a linguaxe infantil, sobre todo, a partir do bilingüismo de Puerto Rico, e distintos aspectos da lingüística e literatura catalanas. Foi membro da Academia Española e correspondente do Institut d’Estudis Catalans (1955).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lleida -
Deceso
Lugar : Madrid