"Sever" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 51.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que persevera.
-
-
Acción de perseverar.
-
Calidade de quen persevera.
-
Constancia na virtude e no mantemento da graza ata a morte.
-
-
PERSOEIRO
Lingüista romanés. Foi profesor nas universidades de Cernąuţi e Bucarest (1940) e, despois do exilio, na de Lovaina (1948), onde fundou o Centro Internacional de Dialectoloxía Xeral (1951) e a revista Orbis (1952). Investigou, sobre todo, a xeografía lingüística. É autor de La dialectologie (1950), sobre métodos de estudo dialectal, e interveu na preparación do Atlas Lingüístico Romanés (1938-1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Foggia, en Puglia, Italia (55.693 h [2001]). Situada ao N da capital, destaca o cultivo da vide.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe feudal, unha das sete máis importantes do Reino de Nápoles polos grandes feudos que reuniu e polos personaxes ilustres que deu. Ten por xenearca ao normando Turgisio, compañeiro (1045) de Robert d’Hauteville, conde de Puglia-Calabria, que lle deu a señoría de Sanseverino. En 1463 formáronse as dúas grandes liñas da liñaxe: a liña primoxénita dos condes de Marisco e príncipes de Salerno, que se extinguiu á morte de Ferrante de Sanseverino (1507-1568), e a liña dos condes de Tricarico e príncipes de Bisignano, que extinguida en 1606 pasou á rama dos condes de Saponara, que se extinguiu en 1888. Por graza real os títulos foron herdados polos descendentes da filla do derradeiro príncipe de Bisignano, que pasaron a apelidarse Costa-Sanseverino.
-
PERSOEIRO
Escritor cubano. Especializado en crítica literaria e de arte, en 1960 estableceuse en París e colaborou na revista Tel-Quel. Publicou Gestos (1963), Escrito sobre un cuerpo (1968), Cobra (1972), Barroco (1974), Big-Bang (1974), Maitreya (1980), Colibrí (1984), Un testigo fugaz y disfrazado (1986) e Cocuyo (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (193-211). Africano de orixe e dunha familia pertencente á orde ecuestre, recibiu (191) o goberno da provincia danubiana da Pannonia Superior. Proclamado emperador polas súas lexións despois do asasinato de Cómodo, marchou sobre Roma. Casado con Xulia Domna, filla dun sacerdote romanizado de Emesa, favoreceu a formulación do nexo milicia-provincia e recoñeceu xuridicamente diversas atribucións dos lexionarios. Mentres que a emperatriz centraba o movemento intelectual e relixioso, loitou contra os partos. Ao seu regreso a Roma, a situación económica e social empeorara ata o punto de que moitas bandas de escravos e de desertores devastaban Italia e as provincias. A súa morte, mentres dirixía unha campaña contra os rebeldes, testemuñou a lenta pero progresiva disolución do tecido conectivo do estado imperial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín Severianus, xentilicio de Severo. De feito en Roma as termas severianas foron as que mandou construír Septimio Severo.
-
-
Relativo ou pertencente aos severianos.
-
Individuo do pobo severiano.
-
Pobo eslavo que, antes da formación dun primeiro estado ruso, habitaba na rexión de Kiev.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de severo.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Iniciouse en Roma (1901) co coñecemento de G. Balla e U. Boccioni. En París (1906) pintou formas neoimpresionistas, pero adheriuse ao futurismo e asinou o seu manifesto de 1910. Foi á busca da sensación dinámica en si, mediante cores moi vivas e ritmos dinámicos. Máis tarde inclinouse cara a un clasicismo entre racionalista e máxico. Escribiu Du cubisme au classicisme (1921) e Ragionamenti sulle arti figurative (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín Severinus, derivado de Severus, adaptado ao galego coa forma Severo.
-
PERSOEIRO
Papa (640). Sucesor do Papa Honorio I, foi elixido en 638 pero non foi consagrado ata 640.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eremita. Estableceuse en Nórica en 454. Atribúenselle diversos feitos milagrosos como a provocación dun terremoto que fixo fuxir os hunos ou a desaparición dunha praga de lagosta. Tiña e outorgaba o poder da curación. As súas reliquias venéranse en Nápoles. A súa festividade celébrase o 8 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Gales de 340 km de lonxitude. Nace en Plinlimmon, e en Sharpnes comeza o seu esteiro que ten 80 km de lonxitude e que acaba no fondo do canal de Bristol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome ruso de Terra do Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín Severus, orixinariamente un cognome convertido en nome na época imperial, cun significado transparente xa que corresponde co adxectivo severus ‘austero, rigoroso, serio’.
-
-
-
Que non mostra indulxencia.
-
Que é moi estrito e esixente no cumprimento das normas.
-
-
Que ten unha aparencia moi seria.
-
Que é grave ou importante.
-
Que carece de ornamentos.
-