Severini, Gino

Severini, Gino

Pintor italiano. Iniciouse en Roma (1901) co coñecemento de G. Balla e U. Boccioni. En París (1906) pintou formas neoimpresionistas, pero adheriuse ao futurismo e asinou o seu manifesto de 1910. Foi á busca da sensación dinámica en si, mediante cores moi vivas e ritmos dinámicos. Máis tarde inclinouse cara a un clasicismo entre racionalista e máxico. Escribiu Du cubisme au classicisme (1921) e Ragionamenti sulle arti figurative (1936).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cortona

  • Deceso

    Lugar : París