"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

  • PERSOEIRO

    Poeta místico alemán, graduado en medicina. Adaptou as novas formas da poesía profana a unha lírica místico-relixiosa, dunha gran claridade a pesar do uso de recursos retóricos. Son notables a recompilación de poemas Cherubinischer Wandersmann (Vagabundo querubínico, 1657) e os cantos místico-pastorís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome trivial dos grupos metoxibencilo CH3OC6H4CH2 -, que se utiliza tamén, impropiamente, para designar os grupos metoxifenilo CH3 OC6H4 -.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • erso ou estrofa que presenta anisosilabismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa aqueles versos ou estrofas que presentan irregularidade no cómputo silábico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario ruso. Mantivo correspondencia con Marx. A Pis´ma iz Pariža (Cartas de París, 1847-1848) dá a coñecer as novas correntes ideolóxicas occidentais. Entre os seus estudios críticos destaca Zamečatelnoje des´atiletije (O marabilloso decenio, 1880) sobre a literatura rusa dos anos trinta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mísil ou sistema de armamento utilizado para interceptar os mísiles inimigos. Antes de 1970, tanto os EE UU como a URSS tiñan preparados mísiles antimísiles que, xeralmente mediante explosións nucleares, podían destruír mísiles inimigos na derradeira fase da súa traxectoria. Estes sistemas, chamados ABM (Anti-Ballistic-Missile), a pesar de non poder frear un ataque masivo, poden interceptar mísiles intercontinentais illados. Pouco despois desenvolveuse a intercepción de mísiles tácticos, especialmente os mísiles antinavíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal (1599) Por encargo de Carlo Borromeo, escribiu un tratado en tres libros de Educazione cristiana dei figlioli (Educación cristiá dos fillos, 1584).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1906) e catedrático de Teoloxía do Seminario de Santiago de Compostela. Publicou: Discurso sobre el adorable Misterio de la Santísima Trinidad (1881) e Programma pro alumnis cuarti, tertii et secundi curriculi Sacrae Stientiae studio vacantibus. Tractatus de Deo Creatore (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo de Teofrasto e condiscípulo de Zenón de Elea. Escolarca, moderadamente escéptico da academia platónica. Dirixiu esta academia despois de Crates durante o período denominado “Academia mediana” ou “segunda Academia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela A Mancha, no Campo de San Juan, drenado polo Guadiana (6.495 h [1991]). No seu termo atópanse as lagoas de Ruidera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela A Mancha, no Campo de Calatrava, drenado polo Tirteafuera (5.500 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afasia na que o paciente pode recoñecer as letras pero é incapaz para reunilas mentalmente ou de formar unha sílaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Non silábico.

    2. Fonema que non ten por el mesmo capacidade para dar lugar a un núcleo silábico nunha lingua determinada. Identifícase case sempre co fonema consonántico e oponse a todos os vocálicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quen vive nun establecemento propio para atender aos pobres, aos vellos ou aos orfos.

    2. Dise da persoa que fuxiu do seu país por cuestións políticas e que recibe amparo ou protección doutro estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar asilo.

    2. Recoller os desvalidos nun establecemento de beneficencia.

    3. Buscar asilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertence aos asílidos.

    2. Mosca da familia dos asílidos.

    3. Familia de moscas depredadoras, na fase adulta, doutros insectos que capturan fundamentalmente en voo. Algunhas especies sobrepasan os 5 cm de lonxitude e poden con presas do mesmo ou maior tamaño, como pequenas libeliñas. O aparello bucal está modificado e endurecido para perforar os exoesqueletos e as patas son robustas. As larvas son detritívoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento social onde se aloxa a xente desvalida.

    2. Acción de recoller a alguén nun lugar.

    3. Lugar onde se ofrece protección e refuxio.

    4. Establecemento benéfico destinado a acoller con trato familiar os nenos abandonados. Luísa Schappler dos Vosges fundou coa axuda do pastor Johann Oberlin (1770) en Alsacia os primeiros asilos benéficos para os nenos orfos.

    5. Protección concedida aos refuxiados políticos nos edificios das misións diplomáticas, consulados, barcos de guerra ou avións militares.

    6. Protección que un estado dá aos estranxeiros que foxen dun país por mor de persecucións políticas, raciais ou relixiosas.

    7. Inmunidade recoñecida ao delincuente ou ao perseguido que toma por refuxio protector un lugar sagrado (templo, altar, territorio ou cidade).

    8. Protección que un estado ofrece a persoas que non son súbditos seus, que teñen a súa vida ou a súa liberdade en perigo pola actuación das autoridades doutro estado. Despois da Segunda Guerra Mundial xurdiu un amplo movemento que pretendía a afirmación do dereito de asilo como dereito fundamental da persoa humana, o que deu lugar a toda unha serie de convencións e acordos como a Convención de Xenebra do 28 de xullo de 1951, o estatuto da ORI (Organización Internacional dos Refuxiados), as dúas convencións de Caracas entre estados americanos en marzo de 1954, e toda unha serie de actos internacionais relacionados co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moscas da familia dos asílidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dunha planta silvestre que procede da semente dunha planta cultivada.

    2. Aplícase ao animal doméstico que fuxiu e se volveu salvaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto histórico composto pola igrexa da Asunción, o forno de Santa Mariña e o castro de Armeá. A igrexa románica, encargada por unha dama da casa de Figueira, quedou inconclusa. Non obstante , pódese advertir que a estrutura é dunha soa nave, sinxela, sobre unha cripta de bóveda oxival, na que se atopan laudas sepulcrais medievais, algunhas mesmo de tradición visigótica, e unha colección de xerriñas de cerámica. O segundo elemento que configura o conxunto é o forno de Santa Mariña, que se atopa sepultado baixo a igrexa e que mantén semellanzas coa Pedra Formosa de Briteiros (Portugal). Os muros do depósito para a auga, a cámara cuberta e a ábsida ultrasemicircular están formados por enormes pedras. Separando os dous primeiros tramos hai unha lousa de pedra monolítica, hoxe crebada na parte superior, que remata en forma de frontón. Nesta lousa ábrese unha porta con arco de medio punto delimitado lateralmente por dúas figuras en baixorrelevo moi deterioradas. Pode observarse tamén unha...

    VER O DETALLE DO TERMO