"Simón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 82.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Simon Mayr.
-
PERSOEIRO
Pintor e miniaturista francés. Realizou o Retable de Saint Bertin para a abadía de Saint-Omer (1459), en que presenta unha forte influencia flamenga. Como miniaturista fixo as Grandes Chroniques de Saint-Denis e o Pontifical de Sens.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Principal representante da escola de Siena, en 1315 pintou o fresco da Maestà para o Palazzo Pubblico de Siena, influído por Duccio di Buoninsegna e o gótico francés. En Nápoles pintou S. Ludovico da Tolosa incorona il fratello Roberto d’Angiò (1317), en Pisa o Polittico di santa Caterina (1319) e de novo en Siena realizou Guidoricio da Fogliano (1328) para o Palazzo Pubblico e Vita di San Martino na basílica inferior de Asís. Xunto co seu colaborador Lippo Memmi pintou l’Annunciazione (1333). Desde 1340 residiu en Aviñón, onde fixo amizade con Petrarca e fundou unha escola de pintores que influíu na evolución do gótico internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Foi mestre de Donizetti, e compuxo oratorios, La Passione (1794) e Samuele (1821); e óperas, L’ amore coniugale (1805) e Medea in Corinto (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Coñecido como Simon Marius, estudiou astronomía con Tycho Brahe. En 1610 descubriu e bautizou, independentemente e pouco despois que Galileo, os catro satélites grandes de Xúpiter, e redescubriu a galaxia de Andrómeda (1612).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico neerlandés. Estudiou enxeñería física na Escola Técnica Superior de Delft. Traballou como enxeñeiro na compañía Philips e desde 1956 como investigador no CERN. En 1984 recibiu, xunto con Carlo Rubbia, o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento da técnica de arrefriamento de antiprotóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformador relixioso neerlandés. En 1524 ordenouse sacerdote católico, pero o seu posterior achegamento á doutrina anabaptista levouno a abandonar o catolicismo. Os seus seguidores recibiron o nome de mennonitas. Escribiu Libro fundamental da doutrina redentora de Cristo (1539).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico dermatólogo. Foi director da Revista Médica Gallega, onde publicou numerosos artigos, como “Tratamiento del prurito de algunas dermatosis (Urticaia, escrófula, prurito de Hebra)” (1922), “Diagnóstico y tratamiento de la sarna” (1923), “El tratamiento de los sabañones” (1924) ou “El goneal en Venereología” (1925). Tamén escribiu algunhas monografías como Higiene y régimen en la sífilis y en la blenorragia (1926), El problema social de la sífilis (1928) e Algunhas consideraciones acerca del problema de la lepra en Galicia (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto barroco. De tradición clasicista, centrou a súa actividade artística en Galicia. Entre 1602 e 1622 foi mestre de obras da igrexa e do patio do colexio de Nosa Señora da Antiga en Monforte de Lemos, seguindo as trazas de Andrés Ruiz. En 1620 iniciou a construción do deambulatorio da catedral de Ourense e realizou a igrexa do mosteiro de Santa María de Monfero (1620-1624).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francés, fillo de Simón IV de Montfort e conde de Leicester. Establecido en Inglaterra desde 1230, casou con Leonor, irmá do Rei Enrique III de Inglaterra. Ocupou o cargo de gobernador de Aquitania (1248), pero a dureza da súa xestión fixo que tivese que volver a Inglaterra, onde encabezou a liga de baróns que arrebataron ao rei as provisións de Oxford. Xunto co conde de Gloucester, dirixiu a oposición (1258) e a revolta dos baróns (1264). Árbitro da política interna inglesa, foi vencido polos realistas na Batalla de Evesham.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Especializouse en oftalmoloxía, principalmente no tratamento das lesións do polo posterior do ollo e o desprendemento de retina, e introduciu novas técnicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático canadense. Naturalizouse estadounidense e foi profesor de astronomía na Universidade John Hopkins de Baltimore e, desde 1874, editor do American Journal of Mathematics. Tamén foi calculador do Nautical Almanac Office (1857-1877) e superintendente na fin de 1897. Ocupou o mesmo cargo na American Ephemeris. Dedicouse especialmente á astronomía de posición e obtivo novos datos sobre o movemento da Lúa e dos planetas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Presidiu a Asociación Provincial de Maestros de Pontevedra e a Asociación Nacional del Magisterio (1901). Publicou La escuela española de Instrución Primaria, conforme las necesidades sociales (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Profesor en Colonia, Nuremberg e Múnic, proporcionoulle á ciencia a lei fundamental da corrente eléctrica que leva o seu nome. Estudou tamén a polarización das pilas e a interferencia dos raios polarizados nos cristais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gastrónoma. Publicou varios libros gastronómicos entre os que destaca 1080 recetas de cocina (1972). Recibiu o Premio Especial de Gastronomía (1987)
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Traballou a pintura, a fotografía e a colaxe, cunha forte presenza de elementos naturais. Evolucionou desde o figurativismo con contido simbólico cara a unha obra máis totalizadora onde empregou a instalación, a escenografía e os elementos naturais cun significado que vai máis alá das posibilidades do propio soporte. Destacan a serie Transubstanciación (1991), O namorado (1994) e Tríptico: Tempestade (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calma ou lentitude na maneira de falar ou de actuar alguén, ou de ocorrer algo.
-
economía do pensamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fai as cousas ou que se desenvolve con parsimonia.
-
PERSOEIRO
Político xudeu. Instalouse en Palestina (1934) e ingresou en 1947 en Haganah, o exército xudeu de autodefensa. Deputado no parlamento israelí desde 1959, foi un dos fundadores en 1965 do Avoda (Partido Laborista de Israel), do que foi o seu presidente (1977-1992; 1995-1997). Primeiro ministro interino de Israel (abril-xuño de 1977) e líder da oposición durante a etapa de goberno do Likud (1977-1984), presidiu un goberno de unidade nacional coa participación dos laboristas e do Likud (1984-1986). A raíz da vitoria laborista en xuño de 1992 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e negociou coa OLP a aplicación dos acordos establecidos en setembro de 1993. Despois do asasinato de Y. Rabin (novembro de 1995), foi nomeado primeiro ministro, pero perdeu as eleccións xerais de 1996. Ocupou o ministerio de Asuntos Exteriores no goberno de coalición de A. Sharon (2001-2002). Escribiu, entre outras obras, Que saia o sol (1999). Recibiu, xunto con Yasser Arafat e Yitzhak Rabin, o Premio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Coñecido como Il Cronaca, realizou en Florencia o Salone dei Cinquecento (1495-1497) do Palazzo Vecchio, a igrexa de San Salvatore (1500?) e o Palazzo Guadagni (1506). Colaborou con G. de Sangallo na sancristía da igrexa do Santo Spirito (1498?) e con B. da Maiano no Palazzo Strozzi (1489-1507).
VER O DETALLE DO TERMO