Newcomb, Simon
Newcomb, Simon
Astrónomo e matemático canadense. Naturalizouse estadounidense e foi profesor de astronomía na Universidade John Hopkins de Baltimore e, desde 1874, editor do American Journal of Mathematics. Tamén foi calculador do Nautical Almanac Office (1857-1877) e superintendente na fin de 1897. Ocupou o mesmo cargo na American Ephemeris. Dedicouse especialmente á astronomía de posición e obtivo novos datos sobre o movemento da Lúa e dos planetas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Wallace, Nova Escocia -
Deceso
Lugar : Washington