"Spina" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 32.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e dramaturgo. Coñecido como Pierre Brasseur, destacou polas súas interpretacións teatrais en obras de A. Camus, J. P. Sartre, J. Anouilh e outros dramaturgos franceses. Debutou no cine en 1925 e traballou en películas de M. Carné, R. Clair e G. Franju.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.
-
-
Clave dun arco ou dunha bóveda.
-
Nervio da bóveda de crucería que une as claves e que se sitúa no ángulo superior da bóveda.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao íleo e á espiña ilíaca.
-
Aplícase ao punto somático lateral situado no punto máis baixo da espiña ilíaca anterosuperior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia marquesal italiana coñecida a partir do s XI. Fundou un verdadeiro organismo político-territorial garantido por unha notable rede de fortificacións. Os seus membros loitaron contra Xénova e contra a comuna de Piacenza, o que lles obrigou a render a vasalaxe da maior parte dos castelos aos poderosos gobernos comunais. O dominio efectivo dos Malaspina foi reducido aos territorios da Lunigiana. En 1221 foi feita a división destes territorios entre Corrado Malaspina (?-1250) e Obizzino Malaspina (?-1249). Conseguiron con Spinetta Malaspina o Grande (1282?-1383), ampliar os dominios da Lunigiana Oriental, crear o marquesado de Fosdinovo e apoderarse de Sardeña. A partir do s XV, os seus dominios fraccionáronse e foi case extinguido pola acción de xenoveses e florentinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glaciar situado ao SL de Alasca, en EE UU, ao NO da baía de Yakutat, que forma parte do monte Saint Elias. Ten un espesor medio de entre 300 m e 140 km de lonxitude.
-
PERSOEIRO
Mariño. Realizou a volta ao mundo (1781-1782) e, ao servizo de España participou en diversas expedicións científicas (1782-1789) entre as que se atopaba unha patrocinada polo goberno (1789-1794). Os informes que recolleu en Viaje político-científico alrededor del mundo (1885), esixían grandes reformas das colonias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de baloncesto. Debutou en primeira división en 1979 co Estudiantes, para fichar polo Real Madrid C.F. dous anos despois, co que conseguiu catro ligas (1981-1982, 1983-1984, 1984-1985 e 1985-1986), tres Copas do Rei (1984-1985, 1985-1986 e 1988-1989), dúas Recopas de Europa (1984 e 1989) e unha Copa Korac (1987-1988). Na tempada 1986-1987 xogou na NBA cos Portland Trail Blazers. Coa selección española gañou a medalla de prata no Eurobasket de Nantes (1983) e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Roubar cousas de pouco valor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Italia, situada na desembocadura do Po. Probablemente foi unha fundación etrusca en territorio dos umbros. Edificada sobre palafitas, pode considerarse o porto de chegada dos produtos gregos. Tivo moita vitalidade durante o s VI a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das quenopodiáceas, con follas alternas dispostas en roseta basal, flores masculinas en espigas e femininas en glomérulo.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de León, Castela e León (2.837 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO