"Spirit" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 25.

  • Grao empregado para medir a cantidade de alcohol que hai nunha mestura de alcohol e auga. Cómpre distinguir o estadounidense do británico. Unha mestura de alcohol e auga ten un grao proof spirit estadounidense cando o 50% do volume é de alcohol, e ten 1 grao proof spirit británico se, a 11°C, o alcohol pesa 12/13 veces un volume igual de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba (6.744 km2; 457.921 h [estim 1998]). A súa capital é Sancti Spíritus (102.262 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento franciscano situado en Melide. Consérvase a igrexa, construída no s XIV en estilo oxival e con reformas posteriores. Ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón e capelas laterais, e ábsida cadrada. O arco triunfal é apuntado. No exterior destaca a torre, formada por un corpo de campás e unha cúpula. A portada principal é arquitrabada, sobre ela sitúase unha fornela coa imaxe de san Francisco e sobre esta unha ventá, o conxunto remata nun frontón circular partido. No muro norte consévase unha portada de arquivoltas tóricas apoiadas sobre columnas acobadeladas e que carece de tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo de exploración da misión Mars Exploration Rover. Foi lanzado pola NASA desde Cabo Canaveral o 11 de xuño de 2003, coa axuda do foguete Delta II, e chegou a Marte o 3 de xaneiro de 2004. As informacións que enviou, desde o cráter Gusev, e as enviadas polo seu vehículo xemelgo Opportunity, serviron para confirmar a antiga existencia de masas de auga líquida no planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. O seu pensamento estivo marcado polo problematicismo, que consiste a definir como ámbito xenuíno da filosofía á formulación de obxeccións ao saber xa establecido. Da súa obra destaca Il problematicismo (1976), Dal mito alla scienza (1966) e Dall’attuatismo al problematicismo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO