Spirit
Spirit
[COSMON]
ehículo de exploración da misión Mars Exploration Rover. Foi lanzado pola NASA desde Cabo Canaveral o 11 de xuño de 2003, coa axuda do foguete Delta II, e chegou a Marte o 3 de xaneiro de 2004. As informacións que enviou, desde o cráter Gusev, e as enviadas polo seu vehículo xemelgo Opportunity, serviron para confirmar a antiga existencia de masas de auga líquida no planeta.