Spirillum
Spirillum
[MONERA]
Xénero de bacterias, xeralmente Gram-negativas, quimioheterótrofas, aeróbicas, con células helicoidais dotadas dunha gran mobilidade pola existencia en cada un dos extremos da célula de dous penachos de flaxelos. Atópanse no chan e na auga, e aliméntanse de materia morta.