"Suárez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 68.

  • PERSOEIRO

    Politicólogo. Doutor en Dereito (1982) e catedrático de Ciencias Políticas e da Administración (1993).   Colaborou en Grial, A Trabe de Ouro e   Journal of Political Ideologies. Das súas obras destacan O rexionalismo galego, organización e ideoloxía: (1886-1907) (1982), Alfredo Brañas: el ideario del regionalismo católico-tradicionalista (1983), O Nacionalismo Galego: organización e ideoloxía (1897-1904) (1984), As Institucións políticas no Estatuto de Autonomía para Galicia (1988), A idea de nación (1996) e O pensamento político de Murguía (1999). En colaboración con R. L. Blanco Valdés e X. A. Portero Molina publicou Las elecciones en Galicia: El Parlamento Gallego (1982);  con Vilas Nogueira, Caamaño Domínguez e Rivera Otero O sistema político de Galicia: I. As Institucións (1994); e con E. Guitián e A. Arteta Teoría política (2003). Recibiu o Premio Galicia de Investigación en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Exerceu como notario ata que ingresou no mosteiro de Santa Luaría de Oseira, onde se ordenou sacerdote en 1955. Escribiu Vida de San Bernardo (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deportista. Foi director de arbitraxe e organización da Federación Galega de Judo e presidente da comisión xestora da Federación Galega de Taekwondo. Foi campión galego de taekwondo, subcampión de España e medalla de bronce no Campionato Internacional Open USA. Publicou Iniciación ao taekwondo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Alcalde do concello de Oleiros (1979-1983), foi membro do consello de redacción da revista Obradoiro e membro da xunta de goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Da súa obra destacan As galerías da Mariña. A Coruña: 1869-1884 (1987), Catálogo de arquitectura: A Coruña, 1890-1940 (1989) e A praza de María Pita: 1859-1959 (1993). Recibiu o I Premio COAG de Arquitectura, na modalidade de vivenda unifamiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e ensaísta. Doutor en Filosofía e Letras e licenciado en Dereito. Foi catedrático de Historia en Sevilla (1930-1935) e en Madrid (desde 1935), deputado a Cortes pola CEDA (1935-1936) por Sevilla e director da Real Academia de la Historia. Escribiu obras históricas e prestoulle especial atención aos temas políticos, como La revolución portuguesa (1941-1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Doutor en Literatura Inglesa pola University of Edimburg e en Literatura Española e Hispanoamericana pola Universidad de Salamanca, pertence ao grupo literario Crack, xunto a Jorge Volpi. Na súa obra pretende loitar contra a mala imitación do realismo máxico e a vulgarización da literatura hispanoamericana. É autor de Subterráneos (1990), La catedral de los ahogados (1994, Premio Juan Rulfo), Amphitryon (2000, Premio Primavera de Novela), Las tormentas del mar embotellado (2000, Premio Nacional de Literatura Infantil de México) e Las antípodas y el siglo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido como Juan Pardo, iniciouse na música como membro de Los Vándalos e dos primeiros Pekenikes. Fundou Los Brincos, unha das bandas españolas de música lixeira de máis éxito e calidade. Posteriormente separouse e creou, xunto con Antonio Morales, o dúo Juan y Junior, para despois continuar a súa carreira en solitario. Da súa produción destacan Año nuevo (1995), Alma gallega (1997) e Gallo de pelea (1998), e en galego Galicia miña nai dos dous mares (1989), composto case todo por poemas de Cabanillas, e Lúa chea (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. A súa actividade empresarial centrouse no sector conserveiro pois creou unha fábrica de conservas en Portugal e estivo vinculado á Unión de Fabricantes de Conservas. En Vigo foi xefe local de Falange Española durante a Guerra Civil e o primeiro delegado do Estado da Zona Franca en 1947. Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi alcalde da cidade (1964-1970). Foi procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra, en representación dos municipios (1965-1967) e das familias (1967-1971), e foi deputado por Coalición Democrática (1979-1982) e por Alianza Popular (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras, fundou e coordinou as revistas Anduriña e Seitura, e creou a colección Vieiros de Galicia. Escribiu Antoloxía de contos populares de Galicia (1993), Dicionario conceptual galego (1997) e Cancioneiro popular do Fisterra galego: 2500 cantarelas comentadas e clasificadas por temas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1944), foi alcalde de Petín (1953-1956). Cofundador de Acción Política Orensana, que se integrou en UCD, presidiu a cooperativa vinícola Nuestra Señora de las Viñas (1972-1975). Foi senador electo por Ourense (1977-1986) e, durante a etapa preautonómica, conselleiro de Sanidade e Traballo e presidente da Xunta Preautonómica de Galicia (1979-1982). Foi deputado no Parlamento galego por UCD (1981-1985). Recibiu a Medalla de Cabaleiro da Orde da Constitución e a Cruz de Venezuela de Fernández Miranda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Correspondente de RNE en Santiago de Compostela (1967-1983), traballou en Radio Cadena Española e, a partir de 1985, na RG, onde foi coordinador dos reporteiros e da área de emigración da emisora (1987). Creou os programas “Galicia no Mundo”, “Galicia para o Mundo”, emitido a 40 emisoras de Europa, América e Australia e, a partir de 1990, “Un día de Radio (Premio Álvaro Cunqueiro, 1999). Publicou Percorrido gastronómico por Galicia (1997), en colaboración con Xesús Busto, e recibiu o Premio de Xornalismo de Galicia (1988), o Premio á Galeguidade no Mundo (1989) e a Medalla de Galicia (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Asados, Rianxo 28.9.1936) Mestre e poeta. Pertencente á Xeración dos 50, colaborou en La Noche con diferentes composicións poéticas que, posteriormente, incluíu nalgún dos seus libros. Participou en diversas iniciativas culturais, como o Ateneo do Ullán, o Pedrón de Ouro, o Patronato Rosalía de Castro ou o Cadro Artístico Airiños de Asados, onde desenvolveu o seu labor como actor en diversas obras, como A venganza (1959) e Mal ollo (1985). Ademais, formou parte do parladoiro do Café español e colaborou en diversos programas televisivos. Das súas obras destacan Balada do vento na ría (1987), en que recolle parte da súa produción poética; a obra teatral A fraga (des)animada (1993), de carácter ecoloxista; Biografía de Arcos Moldes: Rianxo, apuntes dunha vila mariñeira (1994), Os amigos de Martiño (1999), en forma de obra teatral dirixida aos máis pequenos; e Un ronsel de estrelas: teatro e correspondencia inédita: homenaxe...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe patronímica que procede do nome persoal Suero + o sufixo patronímico -ez (‘fillo de Suero’).

    2. Liñaxe que en Galicia trae por armas, en campo de prata, dúas torres de pedra sumada cada unha dunha aguia de sable. Outro trae, en campo de goles, un castelo de ouro. Outro, en campo de prata, unha cruz flordelisada de goles cantonada de dúas caldeiras de sable nos cantóns destro do xefe e sinistro da punta e dous crecentes de azul tornados, un no cantón sinistro do xefe e outro no destro da punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Psicoloxía e profesor de ensino secundario, colaborou en diversas publicacións. Escribiu Turbo (1988, Premio Blanco Amor), Álvaro Pino (1989), Sabor a ti (1991), Selva negra (1994), Co dedo nos beizos (1992) e O repenique de Beatriz Goldar (2002, Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia). Recibiu en diversas ocasións o Premio Modesto Rodríguez Figueiredo por narracións como “Quiquiriquí” ou “A Alemana” (1987), e en 2000 o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Matemáticas e profesor de ensino secundario, formou parte da organización estudantil ERGA e participou na creación da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG), durante a etapa na que formou parte da dirección do sindicato de traballadores do ensino (UTEG). Militou na AN-PG e desde 1972 na UPG, participando na fundación do BNG en 1982. Foi concelleiro de Allariz (1979-1983) e deputado provincial en diversas ocasións. En 2005 foi nomeado conselleiro de Medio Rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Licenciado en Filosofía e Letras e Filoloxía Francesa, foi catedrático de Francés. Director, xunto con M. Sendón, do Centro de Estudios Fotográficos (CEF) de Vigo (1984), é profesor de Ciencias da Información da Universidade de Santiago desde 1994. Fixo mostras individuais e colectivas e traballou na recuperación da fotografía histórica galega (Xosé Suárez, Arquivo Pacheco, Irmáns Sarabia ou José Mª Massó). Director das coleccións do CEF Album (1989) e Do Trinque (2000), coordinou as exposicións da Sala dos Peiraos, a Casa das Artes e a Fotobienal de Vigo. Publicou Allariz (1991), O Viño (1993), O mundo invisíbel (1993) e foi coautor de Desde o Atlántico (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escuela de Artes e Industrias de Madrid. Colaborou como ilustrador en diversas publicacións e libros, como Ribadeo antiguo (1931) de F. Lanza, e foi un dos creadores de Orientaciones e Ronsel. Como debuxante, as súas ilustracións caracterizáronse polo trazo fino das liñas, próximas ao expresionismo, e desde 1927 foron máis idealistas. Cultivou a paisaxe, mariñeira ou rural pero non urbana, ben de xeito illado ou formando parte dunha escena. As súas obras presentan contrastes entre zonas iluminadas e outras máis escuras. Os lenzos de comezos da década de 1930 amosan unha influencia cubista. Destacan Escena mariñeira, A renda, O crego, Caseta de tiro (1927-1930), Xogadores de xadrez (1927-1930), Tarde apracible (1954), Xogos de luz con chuvascos nas Rías Altas (1965) e Anciáns do asilo (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Nobre. Membro da liñaxe dos Deza, en 1318 encabezou a rebelión contra o arcebispo compostelán Berenguel de Landoira. Morreu no castelo da Rocha Forte, durante o cerco do arcebispo á cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista. Procedente de familia de conquistadores, foi un dos primeiros escritores crioulos. Escribiu Tratado de la caballería de Jineta y Brida (1580), el Libro de albeitería e o Tratado del descubrimiento de las Indias (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO