"Sula" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 93.

  • PENÍNSULAS

    Península do NL de Siberia, Rusia, situada entre o mar dos Chukchis, no estreito de Bering, o golfo de Anadyrskij e a serra de Anadyrkoje, que a separa do continente e na que se localiza a altitude máis importante da península (1.508 m). Os ríos son curtos e a costa é abrupta con diversos entrantes. O clima é extremadamente frío. Os núcleos de poboación son case inexistentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes, separacións ou disposicións das que pode constar un acto xurídico público ou particular na súa proxección documental (norma, contrato, testamento, etc). Ex: Unha cláusula do contrato de aluguer recolle a obriga de permanecer no piso durante un ano como mínimo.

    2. Proposición que adoita situarse no final dun documento xurídico e que serve de condición para o cumprimento do mesmo.

    3. cláusula á orde

      Declaración que permite transmitir un documento de crédito expedido á orde mediante unha anotación feita no dorso do mesmo documento.

    4. cláusula ad cautelam

      Fórmula testamentaria empregada con frecuencia polo testador como medida de precaución para indicar a non validez de ningún outro testamento posterior que non inclúa determinados sinais, expresións ou palabras.

    5. cláusula cominatoria

      Fórmula introducida nos contratos que impón penas ou indemnizacións ás partes no caso de contravir o pactado.

    6. claúsula compromisoria

      Fórmula que acorda someter á decisión dun ou de varios árbitros as cuestións litixiosas que xorden respecto da interpretación do acordado nun contrato.

    7. claúsula de consentimento

      Expresión que subordina a transmisión de títulos ou accións á previa autorización da propia sociedade.

    8. cláusula de estilo

      Fórmula que figura en todos os actos de mesma natureza de modo que pode considerarse sobreentendida aínda que non estea expresamente inserida nun contrato específico.

    9. claúsulas de seguridade sindical

      Conxunto de disposicións que constitúen verdadeiros límites á liberdade sindical, impostas polos propios sindicatos. É característico do sindicalismo estadounidense. As principais son closed shop, union shop, preferential hiring, maintenance of membership e a claúsula de agency shop, e abarcan compromisos que van desde o desconto no salario da cota sindical á preferencia no acceso aos postos de traballo para os traballadores sindicados.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de cónsul.

      1. Territorio ou distrito onde un cónsul exerce as súas funcións.

      2. Edificio ou local das oficinas dun cónsul.

    2. Período de tempo no que exercían o seu cargo ou maxistratura os cónsules.

    3. Tribunal que xulgaba os negocios e as causas dos comerciantes.

    4. Sistema político no que a máxima dignidade a exercía un cónsul.

    5. Estilo decorativo dos primeiros anos do goberno de Napoleón Bonaparte, caracterizado polo emprego dos motivos ornamentais exipcios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político da última etapa da Revolución Francesa, comprendido entre o 10 de novembro de 1799 e o 18 de maio de 1804. Xurdiu tralo golpe de Estado do 18 de brumario do ano VIII (9 de novembro de 1799) de Napoleón I Bonaparte contra o Directorio. O seu obxectivo foi establecer un goberno forte que garantise as conquistas burguesas da Revolución. Baseouse na Constitución do ano VIII redactada por Sieyès e que non contaba cunha declaración de dereitos. O poder executivo recaeu en tres cónsules: o primeiro deles foi Napoléon, elixido para un período de dez anos, que tiña o poder de promulgar as leis e nomear os ministros; os outros dous cónsules, Cambacérès e Lebrun, tiñan funcións de carácter consultivo. O Senado estaba formado por 80 membros e, entre outras funcións, nomeaba os cónsules; o Consello de Estado exercía o poder lexislativo e nomeaba, entre outros, os membros do Senado; o Tribunado discutía as leis e o corpo lexislativo encargábase de aprobalas. Reorganizáronse cun criterio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Consulado da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cónsul ou ao consulado.

      1. data consular

        Sistema oficial de datación dos documentos, cartas ou inscricións, empregado polos romanos e baseado no principio de que os cónsules, como cabezas visibles do Estado, lle daban o seu nome ao ano. Así a expresión Pompeio et Appuleio consulibus equivale ao ‘ano 14 d C’.

      2. fastos consulares

        Lista dos cónsules romanos onde constaban os seus nomes por orde cronolóxica. Modernamente, establecíanse con precisión e reducíanse aos anos da era cristiá para facilitar o seu uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das crasuláceas. Presenta follas simples, enteiras e opostas, flores hermafroditas, trímeras ou tetrámeras, e froitos en polifolículo. Dun total de 250 especies, en Europa pódese localizar C. tillaea, que aparece formando tapices avermellados sobre substratos rochosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crasuláceas.

    2. Planta da familia das crasuláceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou lianas da orde das rosais que comprende unhas 900 especies reunidas nuns 25 xéneros, de distribución case cosmopolita. Adoitan presentar adaptacións á sequidade, como talos e follas suculentos e unha forma particular de asimilación do carbono (plantas tipo CAM). De representación particularmente importante en África do Sur, moitas teñen interese como ornamentais, como as dos xéneros Crassula ou Kalanchoe. Entre os xéneros presentes en Europa, os máis representativos son Umbilicus, Sedum e Sempervivum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para abrir un recipiente pechado con cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrir unha botella ou outro recipiente que está pechado con cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación transfronteiriza integrada polas 18 principais cidades da Comunidade Autónoma de Galicia e da Rexión Norte de Portugal, que promove a cohesión económica, social e cultural mediante a vertebración do territorio común. Este espazo rexional inclúe as cidades de Vigo, Porto, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia. A principal finalidade da organización é o desenvolvemento económico, social, cultural, tecnolóxico e científico das cidades e rexións que a constitúen. Os seus obxectivos prioritarios son as obras de infraestruturas, telecomunicacións, política social, protección e promoción medioambiental, turismo, movementos migratorios e mercado de traballo, e a promoción de todo tipo de actividades económicas, sociais, culturais e deportivas que conecten coas raíces e a identidade dos concellos membros. En 1991, Carlos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de pintura convocado dende 1997 polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Galardóase a mellor obra presentada ao certame e as mellores obras galega e portuguesa. Supón a exhibición, permanente e itinerante, das obras presentadas polas cidades pertencentes ao Eixo durante dous anos. Recibiron o premio Berta Álvarez Cáccamo e P. Proença en 1997; Paula Tavares, Simón Pacheco, Paulo Almeida e Carmen Senande en 1998; Edmundo Paz, Xurxo Alonso, Sebas Anxo e Joaquín Morales en 1999; Belén Padrón García, Henrique do Vale e Brais Rei Daporta no 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de encapsular.

    2. Operación que consiste en revestir os circuítos integrados e as súas conexións externas para os protexer do exterior e previr que a temperatura interna do circuíto non alcance niveis que o farían inoperante. Hai tres tipos básicos de encapsulación: a metálica, a cerámica e a plástica. A primeira presenta unha mellor transferencia da calor, pero é máis cara. Para as aplicacións comerciais é corrente empregar a de plástico do tipo dual inline.

    3. Operación que consiste en poñer un medicamento dentro dunha cápsula dixerible para facilitar a súa administración.

    4. Proceso de formación dunha cápsula constituída por unha substancia non normal no lugar en que se constituíu.

    5. Técnica para illar unha masa de residuos e que implica o completo revestimento ou illamento dunha partícula tóxica ou dun aglomerado de residuos mediante o emprego dunha substancia distinta, que pode ser un aditivo para solidificar e estabilizar. Emprégase para tratar residuos perigosos de xeito que non afecten ao ambiente. Nalgúns casos os produtos obtidos utilízanse como materiais de construción, cando o grao de estabilidade é alto e o risco para a saúde humana e o medio é baixo. Fálase de microencapsulación cando se trata de partículas individuais e de macroencapsulación cando é un aglomerado de partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter algo dentro dunha cápsula.

    2. Agrupar información abstraída de obxectos coas operacións que un programa debe realizar con dita información.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Escandinavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de lle quitar as follas á mazaroca do millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar as follas que recobren a mazaroca do millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta islámico. Xiíta de educación refinada, escribiu obras en turco como matnawi Beng-ü-Bade e Leyla wü-Megnun, a colección de poemas en árabe Matla ‘al-i’tiqad e numerosas obras en persa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido conxuntivo que envolve o fígado e os vasos condutores linfáticos. Foi descuberta polo médico inglés Francis Glisson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio e de calcio, de formula Ca3Al2(SiO4)3. Pertence ao grupo dos granates, que cristaliza no sistema cúbico en cristais rombododecaédricos ou trapezoédricos. É de cor branca e pode presentar distintas tonalidades, desde o crema ao ocre, cando presenta impurezas. É transparente con brillo vítreo, moi duro, presenta unha dureza de 6-7,5, e peso específico 3,6. Localízase en zonas de contacto metamórficas en calcarias impuras.

    VER O DETALLE DO TERMO