consular

consular

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao cónsul ou ao consulado.

    Ex: O representante consular non asistiu á reunión.

  2. [HIST]
    1. data consular

      Sistema oficial de datación dos documentos, cartas ou inscricións, empregado polos romanos e baseado no principio de que os cónsules, como cabezas visibles do Estado, lle daban o seu nome ao ano. Así a expresión Pompeio et Appuleio consulibus equivale ao ‘ano 14 d C’.

    2. fastos consulares

      Lista dos cónsules romanos onde constaban os seus nomes por orde cronolóxica. Modernamente, establecíanse con precisión e reducíanse aos anos da era cristiá para facilitar o seu uso.

Palabras veciñas

consulado | Consulado | Consulado da Coruña | consular | consulta | consultable | consultante