consular
consular
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao cónsul ou ao consulado.
Ex: O representante consular non asistiu á reunión.
-
[HIST]
-
data consular
Sistema oficial de datación dos documentos, cartas ou inscricións, empregado polos romanos e baseado no principio de que os cónsules, como cabezas visibles do Estado, lle daban o seu nome ao ano. Así a expresión Pompeio et Appuleio consulibus equivale ao ‘ano 14 d C’.
-
fastos consulares
Lista dos cónsules romanos onde constaban os seus nomes por orde cronolóxica. Modernamente, establecíanse con precisión e reducíanse aos anos da era cristiá para facilitar o seu uso.
-
data consular