"Terni" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 29.

    1. Estado ou condición de nai.

    2. Feito de traer un fillo ao mundo.

      1. Lazo afectivo e legal que une a nai co fillo.

      2. Período de descanso do que goza a nai traballadora con motivo das situacións de maternidade, adopción ou acollemento, tamén extensible ao pai.

    3. Centro sanitario destinado á asistencia ás embarazadas, aos partos e aos neonatos.

    4. Representación artística dunha nai co seu fillo no colo. En particular, denomínase deste xeito a representación da Virxe co neno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de maternizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modificar o leite de vaca para facelo semellante ao materno e podelo empregar na lactancia artificial. Consiste nunha redución das proteínas por dilución con glícidos e restauración do contido de graxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esternito do terceiro segmento torácico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista alemán. Naturalizado austríaco, foi conde e príncipe de Metternich-Winneburg (1806). Estudou en Estrasburgo (1788-1790) e entrou ao servizo da diplomacia austríaca a partir de 1790. Despois da derrota fronte a Francia, foi chanceler e adoptou unha política conciliadora respecto a Napoleón. Restableceu o poder austríaco en Italia e Alemaña e impuxo un novo equilibrio político europeo no Congreso de Viena (1814-1815). Por medio da Cuádrupla Alianza, tentou opoñerse aos principios da liberdade e autodeterminación dos pobos. A insurrección de Viena de 1848 obrigouno a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relación xurídica existente entre o pai e os seus fillos, derivada da relación biolóxica que supón a xeración. Pódense distinguir dous tipos de paternidade: matrimonial e non matrimonial. A primeira pódese definir como a relación existente entre un home casado e os fillos nacidos do seu matrimonio, e aquí establécese unha presunción que atribúe automaticamente a paternidade ao marido da muller que tivo o fillo. A paternidade non matrimonial é a que existe entre un home e os seus fillos non nacidos no matrimonio. O Código Civil español, modificado pola Lei 11/1981 de 13 de maio, atribúe a ambos os dous os mesmos efectos. A dificultade de proba é superior na paternidade non matrimonial, e os sistemas que se seguen para probala son: declaración de vontade, segundo a que é a vontade individual do pai a que dá lugar á aparición da relación xurídica; xudicial, en que a paternidade xurídica se establece logo dun xuízo previo; e sistemas mixtos que combinan presuncións de cohabitación cunha certa...

      2. investigación da paternidade

        Facultade de que gozan os fillos de poder investigar libremente a súa paternidade, mediante acción de declaración xudicial, e que corresponde ao fillo durante a súa vida. Esta acción tamén pode exercitala calquera descendente do fillo se este morreu despois de iniciar xudicialmente a acción ou se, sendo menor de idade, non a tivese promovido.

    1. Autoría de algo.

    2. Tratamento reverencial dado a algunhas xerarquías da orde eclesiástica, como os abades e os superiores de ordes relixiosas, inquisidores e, tamén, algunhas veces, a bispos e cardeais.

    3. Expresión, empregada sobre todo pola Igrexa Católica, para indicar a paternidade daqueles pais que só se deciden a enxendrar un fillo logo de ponderar debidamente todo aquilo que necesitan ou necesitasen no futuro para cumprir debidamente cos seus deberes paternais. Nesta decisión interveñen elementos de carácter moral, físico, social ou económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platistérnidos.

    2. Réptil da familia dos platistérnidos.

    3. Familia de réptiles, da orde dos quelonios, que presenta a cabeza moi desenvolvida, de tal forma que non pode retraer a mesma cara ao interior da cuncha, o escudo moi deprimido e a cola longa, case tanto como a cuncha. Posúe unha única especie Platysternon megacephalum, que foi presentada á ciencia por Gray (1831) e que vive no SL de China, Australia e Nova Guinea, nos regatos fríos das montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Umbria, Italia (103.964 h [2001]), situada na ribeira oriental dunha conca aluvial percorrida polo Nera. Ten industrias siderúrxicas e mecánicas, hidroeléctricas e téxtiles. Durante a Idade Media estivo en rivalidade con Narni e Spoleto, e a finais do s XIV pasou a ser dominio da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Italia (2.122 km2; 218.588 h [2001]). A súa capital é Terni.

    VER O DETALLE DO TERMO