Terni
Terni
Capital da provincia homónima, Umbria, Italia (103.964 h [2001]), situada na ribeira oriental dunha conca aluvial percorrida polo Nera. Ten industrias siderúrxicas e mecánicas, hidroeléctricas e téxtiles. Durante a Idade Media estivo en rivalidade con Narni e Spoleto, e a finais do s XIV pasou a ser dominio da Igrexa.