"Thor" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 37.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade dos pobos xermánicos, denominada tamén Doonar (trono), fillo primoxénito de Odin e Jord. Era o defensor dos deuses e dos homes e simbolizábase co seu martelo Mjölnir. O seu culto foi moi difundido, tal como testemuñan numerosos topónimos teóforos. Os romanos identificárono con Xúpiter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mísil balístico intercontinental das forzas aéreas de EE UU, que se desenvolveu entre 1955 e 1958. Empregouse como primeira etapa de moitos foguetes lanzadeira de satélites artificiais.
-
PERSOEIRO
Escritor e pensador estadounidense. Relacionado coas teorías do trascendentalismo, adoptou unha postura marcada pola soidade e a actitude de retorno á natureza, unha experiencia que narrou en Walden, or Life in the Woods (1854). As súas obras de carácter social foron Slavery in Massachusetts (1854) e John Brown (1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. En 1920 participou na fundación do Partido Comunista Francés, do que se converteu no seu secretario xeral en 1930. Deputado en 1932 e impulsor da Fronte Popular, foi perseguido polo goberno de Vichy e refuxiouse na URSS. Ao volver a Francia, foi deputado en 1945, ministro de Estado (1945-1946) e vicepresidente (1946-1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e pensador sueco. Defendeu un concepto da poesía libre, segundo os modelos de Shakespeare e Goethe, que ilustrou con Passionerna (As paixóns, 1781). A súa obra máis destacada Kritik över Kritike (Crítica de críticas, 1791-1792), foi a semente do movemento romántico escandinavo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán da cidade polaca de Toruń.
-
PERSOEIRO
Político. Presidente do partido democrático en 1961, ocupou diversos ministerios e foi a un tempo primeiro ministro e ministro de Estado (1974-1979). Presidiu a Internacional Liberal (1970-1982), a Federación de Partidos Liberais e Democráticos da Comunidade Europea (1976-1980), a Comisión das Comunidades Europeas (1981-1984) e o Movemento Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo estadounidense. É coñecido polos seus estudos de psicoloxía animal no laboratorio, pola creación das ‘caixas de problemas’ e dos ‘labirintos’ e por diversas teorías sobre a aprendizaxe. Das súas obras destacan The Fundamentals of Learnig (1932) e An Experimental Study of Rewards (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Estudou na School of the Art Institute de Chicago e foi profesora (1983-1988) e catedrática de Teatro e Belas Artes na University of Colorado. A súa obra, caracterizada pola riqueza de referentes culturais, está chea de imaxes evocadoras e referencias pitóricas desde o surrealimo á pintura romántica. Acadou sona internacional coas series fotográficas Explorations (1994), Egypt of the Mind (1998) e Orphans (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Presidente da comisión de climatoloxía da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), estruturou unha clasificación dos climas e interesouse pola evapotranspiración das plantas para delimitar as achegas de auga necesarias do solo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadador. Debutou en 1997 e en 1998 converteuse en campión do mundo en 400 m libres. Especialista en estilo libre, bateu a mellor marca do mundo da especialidade en 200, 400 e 800 m. Gañou 3 medallas de ouro e 2 de prata nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000), e proclamouse campión do mundo en 12 ocasións. Ademais, bateu un total de 17 mellores marcas do mundo. Nos Campionatos do Mundo de Barcelona conseguiu 3 medallas de ouro, unha de prata e outra de bronce; e nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004) conseguiu 2 medallas de ouro en 200 e 400 m libres, unha de prata en remudas 200 m libres e de bronce en 100 m libres.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de escandio e itrio, de fórmula (Sc,Y)2(Si2O7), que cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos, ás veces de grandes dimensións. Pertence ao grupo dos sorosilicatos, ten unha dureza de 3,6 e é de cor entre verde escura e negra.
-
PERSOEIRO
Escultor. Fillo dun tallista de orixe islandesa, formouse na Royal Academy de Copenhague (1781-1793) e en Roma, onde residiu (1796-1838) e presidiu a Academia di San Luca (1827-1828). Está considerado o escultor paradigmático do neoclasicismo máis estrito. Realizou estatuas mitolóxicas, como a de Jason (1803-1828), monumentos, como o de Josef Poniatowski, en Varsovia, Lord Byron (1829-1835), en Cambrigde, ou o de Pío VII, no Vaticano. Tamén cultivou os temas relixiosos e os retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e sociólogo. Principal representante do institucionalismo, considerou que a ciencia económica debía estudar descritivamente a orixe e a evolución das institucións dotadas de autoridade pola tradición e interferir constantemente nos intereses dos individuos. Publicou The Theory of Business Enterprise (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra reflicte a vida cotiá. Destacou como dramaturgo con obras como Our Town (1938) e The Skin of Our Teeth (1942). Destacan as novelas The Cabala (1926), The Bridge of San Luis Rey (1927), The Eighth Day (1967) e Theofilus North (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques de talo crustáceo, de cor amarela ou alaranxada e con apotecios lecanorinos. Son liques nitrófilos e danse en cortizas de árbores, en rochas e en tellados.