Thorvaldsen, Bertel

Thorvaldsen, Bertel

Escultor. Fillo dun tallista de orixe islandesa, formouse na Royal Academy de Copenhague (1781-1793) e en Roma, onde residiu (1796-1838) e presidiu a Academia di San Luca (1827-1828). Está considerado o escultor paradigmático do neoclasicismo máis estrito. Realizou estatuas mitolóxicas, como a de Jason (1803-1828), monumentos, como o de Josef Poniatowski, en Varsovia, Lord Byron (1829-1835), en Cambrigde, ou o de Pío VII, no Vaticano. Tamén cultivou os temas relixiosos e os retratos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Copenhaguen

  • Deceso