"Tone" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 79.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos, da familia das rosáceas, de ata 5 m de altura. De pólas finas e arqueadas, presenta follas enteiras e elípticas, e flores hermafroditas de cor branca que dan lugar a froitos ovoides de cor vermella. A especie C. granatensis constitúe un endemismo de barrancos avesíos do S da Península Ibérica. En Galicia está presente a especie C. lacteus como arbusto ornamental.
-
-
Relativo ou pertencente ás criptonemiais.
-
Alga da orde das criptonemiais.
-
Orde de algas vermellas, da subclase das florideofíceas, caracterizadas pola presenza de gonóforos e de células auxiliares, e pola ausencia de células nutricias. Unha das familias máis importantes desta orde é a das coralináceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Calabria, Italia (1.717 km2; 175.010 h [estim 1999]).
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Calabria, Italia (59.743 h [estim 1999]). Ten un porto comercial, principalmente de produtos agrícolas. Na súa industria destaca o sector químico. Colonia fundada polos gregos na Magna Grecia ao redor do 708 a C, converteuse na capital da rexión do Brutio despois de destruír a cidade de Sibaris (510 a C). Foi o lugar escollido por Pitágoras de Samos para establecer a súa escola filosófica, que exerceu unha notable influencia na política e na moral. Sufriu os ataques e saqueos de Agátocles, Pirro e Aníbal no s III a C e foi conquistada polos romanos no 277 a C. No ano 194 a C converteuse en colonia romana. Durante a Idade Media cambiou o seu nome polo de Cotrona, ata que en 1928 recuperou a antiga denominación.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás escitonematáceas.
-
Alga da familia das escitonematáceas.
-
Familia de esquizofíceas filamentosas que teñen hormogóneas e heterocistos.
-
-
PERSOEIRO
Industrial estadounidense. En 1900 fundou a Firestone Tire and Rubber Company, dedicada á fabricación de cubertas e neumáticos para automóbiles. Como presidente (1916-1918) da Asociación de Caucho de EE UU, dirixiu a conversión da industria do caucho cara á produción de material bélico durante a Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Feminista canadense. Cofundadora do movemento Radical Woman (1967), na súa obra The dialectic of sex (1973) argumenta que só existirá unha auténtica liberación da muller cando esta rompa co seu rol na familia biolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Neutrón que se libera dun núcleo atómico por fotodesintegración.
-
PERSOEIRO
Estadista inglés. Afiliado ao Tory Party, formou parte do goberno de Peel como ministro de Comercio (1843-1845) e como ministro das Colonias (1845-1846). Progresivamente foise afastando do conservadurismo, ata ingresar no Liberal Party (1859) e converterse en dirixente do partido (1867). Desempeñou os cargos de ministro de Finanzas (1859-1866) e primeiro ministro (1868-1874), desde os que despregou unha actividade reformadora de carácter progresista. Vencido nas eleccións de 1874 por Disraeli, iniciou unha dura campaña de crítica ás pretensións imperialistas deste, e propugnou a cambio unha política de equilibrio europeo. No seu segundo mandato (1880-1885) proxectou a Reform Act, reforma electoral (1884); e no terceiro (1886) e cuarto (1892-1894) tentou, sen éxito, que o parlamento aprobase conceder unha ampla autonomía para resolver o problema irlandés (Home rule).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor galego. Coordinou o volume Relación de las Exequias que hiço la Real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria (1612) e escribiu un “Soneto con falda” en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Baixo o pseudónimo de Guittone d’Arezzo escribiu poemas amorosos, políticos e de contido moral. Foi un dos autores que introduciron a escola poética siciliana en Toscana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación simultánea do fígado e dos riles.
-
PERSOEIRO
Novelista e poeta finlandés. Dun estilo neorromántico e pesimista, pasou ao realismo burlesco, con influencias de Rabelais, ata un derradeiro período de criterios naturalistas. Putkinotko (O auxe dos malos veráns, 1919-1920) é a súa obra mestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e misioneiro. De 1849 a 1856 explorou o Kalahari, navegou polo Zambeze e descubriu as fervenzas Victoria. En 1858 comezou novas exploracións por África oriental e occidental, en particular polas rexións dos lagos Mweru e Tangañika, onde se atopaba Stanley. Morreu durante unha expedición na procura das fontes do Nilo, víctima de disentería. O seu nome foi posto ás fervenzas que se forman no río Congo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do condado de Kent, situada en Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Medway (138.500 h [1994]). É o centro dunha rica comarca agrícola e conta con industria cervexeira, papeleira e de artes gráficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lev Milstein.
-
-
Neurona motora ou eferente.
-
Neurona que ten orixe na materia gris da medula espiñal e fin nos músculos esqueléticos, aos que transmite os impulsos que recibe da motoneurona primeira ou doutras vías nerviosas.
-
Neurona do córtex cerebral que conduce os estímulos da área motora cortical ata os núcleos motores dos nervios craniais ou a materia gris da medula espiñal (onde pode facer sinapse co corpo da segunda motoneurona).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo monopraza, con carena, provisto dunha parella de esquís curtos na parte anterior e dun par de cintas sen fin de caucho na posterior, accionadas por un motor de dous tempos; é apta para desprazarse sobre a neve e utilízase en competicións deportivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de nematóforos nectonematoideos, da familia dos nectonemátidos, que inclúe vermes mariños filiformes de tamaño moi variable. No seu ciclo evolutivo, tras unha fase larval normal, pasan a un estadio xuvenil e parasitan o celoma de crustáceos decápodos. O animal adulto é peláxico.
-
-
Relativo ou pertencente aos nectonematoideos.
-
Verme da orde dos nectonematoideos.
-
Orde de vermes, do filo dos nematomorfos, que presentan dúas liñas epidérmicas, unha dorsal e outra ventral. Están provistos de sedas para a natación e os adultos habitan libres nas augas mariñas litorais.
-