motoneurona
motoneurona
(< moto- + neurona)
-
s
f
[BIOL]
Neurona motora ou eferente.
-
motoneurona inferior/ segunda
[BIOL]
Neurona que ten orixe na materia gris da medula espiñal e fin nos músculos esqueléticos, aos que transmite os impulsos que recibe da motoneurona primeira ou doutras vías nerviosas.
-
motoneurona superior/primeira
[BIOL]
Neurona do córtex cerebral que conduce os estímulos da área motora cortical ata os núcleos motores dos nervios craniais ou a materia gris da medula espiñal (onde pode facer sinapse co corpo da segunda motoneurona).