motonáutica
motonáutica
(< motonáutico)
-
s
f
[DEP]
Deporte de navegación con embarcacións a motor. A federación internacional recoñece baixo este nome as competicións de motos acuáticas, off-shore, catamaráns S-550, lanchas pneumáticas PR-550 e embarcacións de radio control.
-
s
f
[DEP]
-
Arte de navegar a motor.
-
Utilización deportiva de lanchas motoras. Regulamentada internacionalmente pola Unión Mundial de Motonáutica, con sede en Gante, hai recoñecidas nove categorías segundo a cilindrada do motor (intraborda ou foraborda) e as características xerais da embarcación. As carreiras son de distancia variable (entre 8 e 26 km) e dispútanse en augas tranquilas.
-