"Trat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 223.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Negocio xurídico bilateral no que intervén unha soa persoa física, quen formula a declaración de vontade e de consentimento en nome propio e, ao mesmo tempo, en nome da outra persoa que intervén no negocio xurídico, da cal é representante legal ou por poderes. Esíxese, para a validez deste negocio xurídico, autorización expresa e que non haxa conflito de intereses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Retrato de alguén feito por el mesmo. Malia que xa se atopan mostras na Idade Media, os trazos fisionómicos están aínda pouco individualizados e o artista represéntase traballando. A grande época do autorretrato comezou no Renacemento grazas ao sentido de autovaloración do artista. Anthonis Moor adoptou a actitude, moi repetida posteriormente, de representarse pintando diante do cabalete. É un dos xéneros máis tratados polos artistas de todos os tempos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo firmado nesta cidade en febreiro de 1388 entre Xoán I de Castela e Xoán de Gante, duque de Lancaster, polo que este último renunciaba ao trono castelán. O aspirante ao trono castelán desembarcou en Galicia (25.7.1386), para posteriormente dirixirse cara a León. A resistencia que se atopou fixo que se retirase, chegándose á Paz de Baiona, na que se acordou que a filla do duque, Catarina, casaría co herdeiro de Castela, Enrique, rematando así o preito dinástico que se arrastraba desde a época de Pedro I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 1 de setembro de 1739 entre Rusia e Austria, por unha banda, e Turquía pola outra. Austria cedeu Belgrado e os territorios de Bosnia, Serbia e Valaquia a Turquía; Rusia abandonou as súas conquistas en Moldavia e Crimea, renunciou ás pretensións dunha saída libre ao Mediterráneo e comprometeuse a desmantelar a praza de Azov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado entre Austria e Prusia o 28 de xullo de 1742 no transcurso da Guerra de Sucesión de Austria, que asegurou a Federico II de Prusia a rexión da Silesia, agás o condado de Glatz e algúns distritos do SL.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 2 de maio de 1939 entre Italia e Alemaña, tamén chamado Pacto de Aceiro. Ademais de constituír un medio de presión política contra Francia, fixo pública a identificación entre o fascismo italiano e o nacionalsocialismo alemán fronte ás outras potencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de datación relativa baseado na presenza e estado evolutivo de distintos animais e plantas nun xacemento. Como cada grupo ten un momento de aparición e extinción concreto, combinando eses datos é posible obter cifras bastante aproximadas. Debe completarse coa correlación xeolóxica e os métodos radiométricos para obter idades absolutas.
-
-
Relativo ou pertencente á bioestratigrafía.
-
Superficie de separación entre estratos que indica algún cambio bioestratigráfico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depuración das augas por acción bacteriolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación non sistemática do ión hidroxenotartrato ou tartrato ácido COOH(CHOH)2COO-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de catro tratados asinados en Blois entre o 1504 e o 1512 nos que se adoptaron un conxunto de acordos diplomáticos tendentes e establecer un statu quo político en Italia e que afectaron a España. Polo primeiro tratado de Blois (22.9.1504), que non tivo efecto, Luís XII de Francia, o arquiduque Maximiliano de Austria e o seu fillo Filipe o Fermoso acordaban o matrimonio do futuro Emperador Carlos V con Claudia, filla de Luís XII, e comprometíanse a non negociar por separado o pacto sobre Nápoles con Fernando o Católico. Maximiliano cedía a Francia o Ducado de Milán. Afirmábase que o Reino de Nápoles, en poder de Fernando o Católico, heredaríano Carlos e Claudia. Polo segundo tratado de Blois (12.10.1505), Luís XII de Francia e Fernando o Católico acordaban o matrimonio de Fernando II con Xermana de Foix, sobriña de Luís XII. O Rei de Francia cedía á futura muller e aos fillos deste matrimonio o Reino de Xerusalén e os seus...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado firmado o 31 de xullo de 1667 por Inglaterra, Holanda, Dinamarca e Francia. Por este tratado Inglaterra cedeu a Holanda o establecemento de Suriname a cambio de New Amsterdam e Delaware, pero mantiña a Navigation Act. Francia recuperou Acadia e restituíu as illas Antiga, Montserrat e Saint Kitts aos ingleses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de alianza defensiva e de coordinación económica asinado en Bruxelas, o 12 de marzo de 1948, por Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e o Reino Unido, cunha validez de 50 anos. En 1955, coa adhesión de Italia e Alemaña Federal, o pacto serviu de base á articulación da Unión Europea Occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asinado o 28 de maio de 1812 entre Rusia e Turquía, establecía a cesión a Rusia de Bessarabia, baixo control turco, e a protección rusa de Valaquia. Así mesmo, situaba a fronteira entre ambos os dous países no río Prut.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asinado o 3 de marzo de 1886 entre Serbia e Bulgaria, significou a aceptación por parte de Serbia da unión de Bulgaria e Rumelia oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asinado o 10 de agosto de 1913, puxo fin á Segunda Guerra Balcánica. Supuxo unha serie de cambios territoriais: unha parte de Macedonia pasou a Serbia e a Grecia, que recibiu tamén a costa de Salónica. Romanía obtivo Salistria, e Turquía acadou Adrianápolis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asinado o 7 de maio de 1918 entre as potencias centrais e Romanía. Supuxo unha serie de cambios territoriais: Dobrudja meridional pasou a formar parte de Bulgaria e o resto da provincia foi administrada polas potencias centrais, mentres Austria-Hungría ratificou as súas fronteiras nos Cárpatos. Romanía pola súa banda anexionou Bessarabia. Ademais incluía unhas cláusulas económicas: Austria-Hungría e o Imperio Alemán gozarían do monopolio das exportacións petrolíferas e o control dos ferrocarrís e da navegación no Danubio. O tratado non se ratificou e anulouse ao finalizar a Primeira Guerra Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado que firmaron en Calais en 1360, Xoán II de Francia e Eduardo III de Inglaterra, sobre a base da Paz de Brétigny, que puxo fin á primeira fase da Guerra dos Cen Anos. Eduardo III renunciou á coroa francesa e a diversas posesións en Francia e Flandres; foille adxudicada Aquitania, os condados de Guines e de Ponthieu (incluído o condado de Montreuil), Calais, Sangatte e Ham. Xoán II, prisioneiro dos ingleses, acordou pagar tres millóns de escudos de ouro por recuperar a súa liberdade. O tratado non se levou a cabo e Xoán II morreu no cativerio.
-
PERSOEIRO
Orador e político. Foi un dos promotores da segunda liga ateniense. Dirixiu o exército despois da ruptura da paz de Antálcidas no 387 a C. Enviado a negociar a paz con Esparta fronte a Tebas no 371 a C, condenárono a morte polo fracaso das xestións no 361 a C. Conseguiu fuxir e refuxiouse en Macedonia, onde fundou a cidade de Dato, en Tracia. Confiando nunha resposta do oráculo de Delfos, volveu a Atenas, onde o executaron.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en 1281 entre Pedro III de Aragón, Afonso X de Castela e o seu fillo Sancho, en Campillo, no límite entre os reinos de Castela e Aragón. Estableceuse como complementario do Tratado de Ágreda.