Baiona, Tratado de

Baiona, Tratado de
[HIST]

Acordo firmado nesta cidade en febreiro de 1388 entre Xoán I de Castela e Xoán de Gante, duque de Lancaster, polo que este último renunciaba ao trono castelán. O aspirante ao trono castelán desembarcou en Galicia (25.7.1386), para posteriormente dirixirse cara a León. A resistencia que se atopou fixo que se retirase, chegándose á Paz de Baiona, na que se acordou que a filla do duque, Catarina, casaría co herdeiro de Castela, Enrique, rematando así o preito dinástico que se arrastraba desde a época de Pedro I.