"UNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 232.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Referido ás enfermidades producidas por fenómenos de autoinmunidade.
-
PERSOEIRO
Escritor. Mestre da Universidade de Edimburgo. A súa obra Firmilian: A spasmodic tragedy (Firmilian: unha traxedia espasmódica, 1854) parodia a afectación poética na moda, tendencia que bautiza co nome de “escola espasmódica”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
asco Núñez de Balboa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia moi miúda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción española baseada na novela homónima de Llorenç Villalonga, realizada en 1983 por Jaime Chávarri. Entre os actores figuran Fernando Rey, Ángela Molina, Amparo Soler Leal e Imanol Arias. As lembranzas do capelán Juan Mayol, protexido dos señores Bearn, na Mallorca de mediados do s XIX, serven para a análise da sociedade aristocrática da illa. Un asasinato, unha misteriosa muller, Xima, e uns papeis gardados na sala das bonecas da mansión dos Bearn fundamentan unha historia que procura a analoxía coa famosa Il Gattopardo (1963) de Luchino Visconti.
-
PERSOEIRO
Escultor, pintor e miniaturista francés. Traballou preferentemente en escultura funeraria. Jean de Berry outorgoulle a dirección das súas obras (1484?) para quen realizou as miniaturas do Salterio. Esculpiu as tumbas de Filipe de Valois e Xoán o bo, e o mausoleo de Carlos V de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico e doutor en Medicina. Realizou traballos de investigación sobre a heparina, a autooxidación e o metabolismo do colesterol e dos ácidos biliares. Efectuou tamén o illamento das prostaglandinas. En 1982 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con B. I. Samuelsson e J. R. Vane.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galería de arte francesa. Fundada en París por Alexandre Bernheim (1863), continuaron con ela os seus fillos Josse e Gaston Berheim-Jeune. Baixo a dirección do crítico Félix Fénéon, a galería axudou a dar a coñecer as grandes figuras da arte do comezo do s XX como Van Gogh, Cézanne e outros membros de diversas correntes como os nabis, os fauves ou os futuristas.
-
PERSOEIRO
Cirurxián canadense. Participou como voluntario entre os republicanos durante a Guerra Civil española (1936-1939). No 1938 foi a China e incorporouse á República Soviética de Yan’an. Organizou os servicios hospitalarios da fronte e morreu na guerra contra Xapón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Pucho Boedo, a súa traxectoria profesional comezou na Coruña coa Orquestra Eslava, para pasar a integrar posteriormente a Orquestra Oriente, e logo a Orquestra Los Trovadores, chamada nun principio Pucho Boedo y sus trovadores. Marchou a Venezuela de xira cos Satélites, orquestra formada nese momento por Alvarito, Pucho Portela e mais el. Á súa volta a Galicia integrouse de novo en Los Trovadores e logo en Los Tamara, formación na que estaban Prudencio e Alberto Romo, Xosé Sarmiento, Enrique Paisal, Manolo Paz, Francisco Rodríguez e Pucho Boedo. Na súa carreira musical gravou preto de noventa cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor romanés. Chegou a París no 1930, onde coñeceu os surrealistas, e participou nas súas exposicions ata 1949. As súas imaxes amosan un sincretismo de realidade e fantasía: soños e paisaxes floridas habitadas por homes devorados por flores de poderes máxicos. Entre as súas obras destaca: A experiencia desgraciada (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Solo forestal pardo.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Seguiu o movemento cubista e despois afastouse del. Dedicou atención á composición e ao debuxo. Instalouse en 1916 en Ceret, no Castellàs, onde creou en 1950 o Museu d’Art Moderne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo. Realizou estudios no Conservatorio de París da man de Jules Massenet. Da súa produción destacan sobre todo as obras escénicas, como Le rêve (O soño, 1891) ou Messidor (1897). Exerceu a crítica musical en diversos periódicos e publicou algúns estudios.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do N da illa de Borneo, na Asia ecuatorial insular (5.765 km2; 315.000 h [estim 1998]). Limita ao N co mar da China Meridional e ao L, S e O con Sarawak, territorio pertencente a Malaisia. Atópase a 5° de latitude N e 115° de lonxitude L. A súa capital é Bandar Seri Begawan.
Xeografía físicaRelevo e hidrografía
VER O DETALLE DO TERMO
O sultanato de Brunei comprende unha estreita franxa de territorio ao longo da costa setentrional da illa de Borneo. Practicamente, todo o estado sitúase por baixo dos 500 m de altitude. Tan só no sector SL se acadan altitudes de consideración, cos 1.850 m do Bukit Pagon. En canto á vexetación natural, distínguense dous sectores: unha área de marismas no litoral, e unha área cuberta de bosque no interior. Os ríos que drenan o país verten as súas augas ao mar da China Meridional, o único que baña o seu litoral. Os máis importantes son o Baram e o Limbang, que nacen nas montañas de Gunong Mulu, no límite entre Sarawak... -
PERSOEIRO
Filólogo e arquiveiro. Director do École des Chartes (1930-1954) e membro da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1937). Débense a este editor as obras: Les premiers exemples de l’emploi du provençal dans les chartes (Os primeiros exemplos do emprego do provenzal nas cartas, 1922), Le plus ancien acte original en langue provençale (O acto orixinal máis antigo en provenzal, 1922), Les plus anciennes chartes en langue provençale (As cartas máis antigas en provenzal, 1926-1952) e Bibliographie des manuscrits littéraires en ancien provençal (Bibliografía dos manuscritos literarios en provenzal antigo, 1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro británico. Dedicouse á construción de pontes e vías para ferrocarrís e proxectou e construíu tres barcos famosos: o Great Western (1838), primeiro barco de vapor que estableceu un servizo regular de travesía do Atlántico, o Great Britain (1845), primeiro transatlántico movido por hélice, e o Great Eastern (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás bruneliáceas.
-
Planta da familia das bruneliáceas.
-
Familia de rosais integrada polo único xénero Brunellia que engloba unhas corenta especies de plantas leñosas, polo xeral arbustos, propias dos Andes e das montañas das Antillas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome do xénero Prunella.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor. Foi, xunto con Donatello e Masaccio, un dos iniciadores do Renacemento. Iniciouse no campo da escultura. En 1401 presentouse ao concurso, gañado por Ghiberti, para as segundas portas do baptisterio de Florencia cun relevo en bronce do sacrificio de Abraham. Despois decantouse pola arquitectura. En 1409 traballou na Torre della Petraia de Florencia e na casa de Apollonio Lapi no Canto de Rici, e realizou unha escultura, o crucifixo de madeira da capela Gondi en Santa Maria Novella. Ao longo do segundo decenio do s XV traballou para a signoria de Florencia como enxeñeiro e construtor de fortificacións. Preocupado pola perspectiva xeométrica, introduciu a arte do renacemento italiano, e en especial a pintura, no camiño do estudo teórico e apriorístico do espacio. Foi o primeiro en empregar un único punto de fuga na representación dos obxectos nunha superficie plana. En 1418 realizou as capelas de Barbadori en Santa Felicita e Rodolfi en San Jacopo Soprano. Proxectou...
VER O DETALLE DO TERMO