"USA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Frecha de area na praia de Covas, na marxe O da ría de Viveiro, na parroquia de Covas, concello de Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das boraxináceas ao que pertencen as buglosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estadounidense defensora dos dereitos da muller. Exerceu a docencia ata os trinta anos. Tomou parte no primeiro congreso feminista de Séneca Falls (1848). Entre 1854-1861 asumiu a causa abolicionista e traballou na Sociedade Antiescravista Americana. En 1863 fundou a Liga de Mulleres Leais para loitar pola emancipación dos escravos. En 1851 propugnou a reforma das leis discriminatorias do estado de Nova York, pronunciou conferencias e organizou, xunto a Elizabeth Cady Stanton, unha campaña para modificar a lexislación vixente. Considerou obxectivo primordial a consecución do sufraxio feminino, polo que en 1869 foi membro fundador da National Woman Suffrage Association, da que foi presidenta ata os oitenta anos. En colaboración con Stanton, publicou o xornal Revolution e a obra The History of woman’s suffrage (3 tomos, 1881-1888). En 1888 participou na creación da Asamblea Internacional de Mulleres, onde estaban representados 48 países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de medusa que presenta os hidroideos ximnoblastos de umbrela moi acampanada con ocelos nas beiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritora, deuse a coñecer no ano 1981 coa obra O asasino de Calindornas, un conxunto de 32 relatos breves onde a autora mostra unha forte vontade de experimentación nos rexistros lingüísticos. O asasino de Calindornas é unha mostra de obra editada polo propio autor. Así mesmo, colaborou en diversas revistas galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fixar, asegurar unha peza ou obxecto co parafuso.

    2. Introducir parafusos nunha superficie empregando un desaparafusador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bolboretas da familia dos satíridos ao que pertence a especie A. arethusa. O adulto desta especie é de cores castañas e presenta un ocelo negro no ápice da á superior. As eirugas teñen liñas lonxitudinais de varios tons de marrón e aliméntanse do xoio e doutras poáceas dos xéneros Dactylis e Poa. Vive no monte baixo, áreas abertas e pedregais do norte de África, Europa e Asia Central. En Galicia está presente a subespecie dentata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa perseguida por Alfeo, deus do río no que ela se bañaba. Tralo acoso sexual de Alfeo, pediulle axuda a Ártemis, que a transformou en fonte para liberala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas de Grecia, no mar Exeo, ao leste de Lesbos, onde no 406 a C tivo lugar unha batalla naval entre atenienses e espartanos, no curso da Guerra do Peloponeso, que proporcionou unha gran vitoria a Atenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    A maior das illas da ría de Arousa, que constitúe parroquia e concello independente dende xaneiro de 1997, Illa de Arousa. Ten unha superficie de 7 km2 estendéndose en latitude dende os 42° 34’ 36’’ N no seu extremo setentrional, (a punta Campelo), ata os 42° 31’ 31’’ N do seu cabo meridional (punta Lombeira) e en lonxitude dende os 8° 51’ 13’’ O (praia do Vao) ata os 8° 53’ 26’’ O (punta Barbafeita). Xeoloxicamente correspóndese con dous inselbergs residuais dun antigo batolito de granodioritas (hoxe asulagado na súa maior parte logo dun complexo proceso tectónico de subsidencia e transgresión mariña), unidos por un depósito de praia no N. A súa cota máxima son os 66 m de altitude do monte Palmeira, no NO. Está unida a terra firme por unha ponte curva de 1.800 m de lonxitude construída na década de 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A maior das rías galegas, formada na desembocadura do río Ulla e situada entre a península do Barbanza, ao N, e o Salnés ao S, no cuadrante SO da comunidade autónoma, no seu litoral atlántico. Os concellos ribeiráns son, de S a N, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Cambados, Ribadumia, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Catoira, Valga, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Ábrese entre a punta Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, na beira setentrional, e a punta Con de Aguieira, na parroquia de San Vicente do Grove, ao S. Practicamente segue unha dirección NL-SO como as demais Rías Baixas, aínda que a súa amplitude delata unha orixe un tanto diferente. Nesta dirección NL-SO alíñanse as illas de Cortegada, Arousa e Sálvora, as maiores da ría. Litoloxicamente, nas súas beiras apreciamos unha gran diversidade de materiais: granitos, granodioritas, gneises, paragneises e xistos, ademais de depósitos de praia. A súa morfoloxía actual débese a procesos de fracturación...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Arousa.

    2. Persoa natural ou que vive en Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irar o carro facéndoo xirar sobre unha roda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego que exerceu en Roma (?90 a C). Creou a escola atomista e dela deriva, por medio do seu discípulo Temiso, a escola metódica. Defendeu ideas mecanicistas sobre as enfermidades e intentou establecer unha patoloxía solidista (baseada nas partes sólidas do corpo) en oposición ás teorías humorais dos seguidores de Hipócrates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntarse trousos ou moreas de neve cando esta cae abundantemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha cidade indíxena prerromana e despois romana, correspondente á actual Vic. Foi o centro principal do populus dos ausetanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación trimestral do Patronato de Estudios Ausonences. Iniciada en 1952, publica traballos en lingua catalá ou castelá, preferentemente sobre temas históricos relacionados coa cidade de Vic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acusación que un individuo se fai a si mesmo como resultado dun profundo sentimento de culpabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome aplicado a todos os cnidarios que non existen senón en forma de medusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo de lonxitude superior a 1 m e 80 cm de altura dende a cruz. Os machos teñen os cairos sumamente desenvolvidos e curvados cara a atrás, por diante da cara; os da mandíbula superior non saen pola boca senón que perforan a cara. As babirussas teñen costumes nocturnos e viven en pequenos grupos familiares, en bosques altos. Son propias das illas Célebes e das Molucas. A súa carne é excelente.

    VER O DETALLE DO TERMO