"Ueda" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 28.

  • PERSOEIRO

    Artista plástico. As súas primeiras obras foron copias de cadros cubistas e paisaxes. En 1955 decantouse pola abstracción de inspiración construtivista para despois evolucionar cara a unha pintura monocrama. Realizou colaxes na década de 1960. Destaca Composición e In Memoriam a MS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e dramaturgo. Co estilo da comedia italiana escribiu en prosa Eufernia, Armelina e Medora, e en verso Discordia y Cuestión de Amor. Con todo, a súa gran creación foi o paso, antecedente do entremés, unha pequena peza intercalada moitas veces nas mesmas comedias en prosa, que servía para divertir e entreter o público entre acto e acto. Son de trama elemental e contan cun desenlace simple e rápido. De tipo realista, o interese baséase na comicidade, a agudeza e a lingua popular e coloquial, chea de elementos típicos. Destacan El convidado (1546), La tierra de Jauja (1547) e Las aceitunas (1548), entre outras. Tamén escribiu coloquios pastorais en prosa, como Camila e Tymbria; e en verso, como Prendas de amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Instalado en Monforte (1926), estudou maxisterio en Lugo e comezou na fotografía (1941) como afeccionado, retratando feiras, paisaxes e xente no campo. Membro fundador, xunto con César Quijada, Valentín Roldán, Bello e Vega y Vivancos, da Agrupación Fotográfica Lucense de Educación e Descanso, o seu traballo como profesor de educación física levouno a retratar os nenos e os seus xogos no recreo (1955-1972). A súa fotografía, espontánea e atrevida, quedou recollida nun catálogo editado polo CEF en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Precursor do modernismo, iniciou con Noventa estrofas (1833) a revolución poética que culminou con Rubén Darío. Destacan tamén En tropel (1892), Lenguas de fuego (1908) e Poesías completas (1911). Cultivou tamén o cadro de costumes, a novela e o teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta, duque de Rivas. Liberal, fuxiu a Londres (1823), Italia (1825) e Malta. Amnistiado en 1834, volveuse conservador e tivo que fuxir novamente (1837). Foi embaixador en Nápoles e París, e presidente do Consello do Estado (1863). Nas primeiras obras evidenciou influencias neoclásicas, pero os contactos que mantivo durante os seus exilios, sobre todo en Malta, convertérono nun romántico apaixonado. Das súas obras destacan a obra poética El Moro Expósito (1834) e Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835), unha das obras clave do teatro romántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os concellos de Vilamarín, A Peroxa e Coles. O seu cumio acada os 685 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castro situado no monte Santa Águeda na confluencia entre os concellos de Vilamarín, A Peroxa e Coles. Está formado por dous recintos que non seguen a forma concéntrica, xa que o recinto interior se atopa nun extremo da zona amurallada. Está defendido por unha muralla e un foso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Nagano, na illa de Honshū, Xapón, situada á beira do río Chikuma (121.776 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO