Rueda, Luis
Rueda, Luis
Fotógrafo. Instalado en Monforte (1926), estudou maxisterio en Lugo e comezou na fotografía (1941) como afeccionado, retratando feiras, paisaxes e xente no campo. Membro fundador, xunto con César Quijada, Valentín Roldán, Bello e Vega y Vivancos, da Agrupación Fotográfica Lucense de Educación e Descanso, o seu traballo como profesor de educación física levouno a retratar os nenos e os seus xogos no recreo (1955-1972). A súa fotografía, espontánea e atrevida, quedou recollida nun catálogo editado polo CEF en 1991.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : La Habana