"Uriz" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 41.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Redución extrema das dimensións e do peso dos dispositivos e os compoñentes electrónicos, co fin de facilitar o uso en lugares onde se dispón de pouco espazo (satélites artificiais, foguetes ou proxectís autopropulsados). Esta técnica deu lugar á microelectrónica.
-
-
Acción e efecto de miniaturizar.
-
Redución, por razóns de necesidade ou de comodidade, das dimensións dos aparatos electrónicos. Primeiro os tubos electrónicos de baleiro foron substituídos polos transistores; despois apareceron os circuítos integrados monolíticos, e por último impúxose a integración a grande escala (VLSI). Segundo a redución fálase de subminiaturización ou de microminiaturización.
-
-
-
Pintar miniaturas.
-
Producir obxectos ou mecanismos de tamaño reducido.
-
-
-
Ourizo de gran tamaño que presenta tres castañas ou máis.
-
-
Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘pedra’.
-
ouriza de chamiceiro
Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘castaña’.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran cantidade de ourizos, sobre todo aqueles que cobren o chan despois de baloirar o castiñeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de ourizos que ten un castiñeiro nas pólas.
-
-
Cuberta espiñosa que envolve algúns froitos, principalmente as castañas.
-
-
Mamífero insectívoro de pequeno tamaño, da familia dos erinaceidos, que ten as partes superior e laterais do seu corpo cubertas de pugas, e é coñecido polo andar lento e a facultade de enrolarse. Existen diversas especies de ourizos e en España os principais representantes son o ourizo cacho ou europeo (Erinaceus europaeus) e o ourizo mediterráneo (Atelerix algirus). Cando se senten ameazados fan de si mesmos unha bóla, e ameazan coas pugas ao atacante. Aliméntanse, sobre todo, de froitos e pequenos invertebrados.
-
ourizo cacho/común/ europeo [Erinaceus europeus, Fam dos erinaceidos]
Ourizo común moi estendido por Galicia e pola Península Ibérica. Mide entre 22-35 cm de lonxitude, cunha cola curta de 2-3 cm e un peso de entre 400 e 1.900 gramos. Ten o corpo recuberto de pugas duns 2-2,5 cm de lonxitude, que lles permite defenderse dos seus inimigos, tras formar unha bóla co seu corpo, grazas a uns potentes músculos cutáneos. A súa dentadura é insectívora, pero a súa dieta en realidade é omnívora, xa que se alimenta de insectos, substancias vexetais, miñocas de terra, caracois e lesmas, ovos, aves pequenas e novas, serpes, lagartas e tamén de pequenos roedores, como o rato de campo ou o furaño, de aí que sexa apreciado no rural, polos grandes servizos que achega ao agro. Habitan en bosques claros, en zonas de matogueira e en pradarías, de Europa e Asia. Na Península Ibérica existen dúas subespecies, que poden diferenciarse, principalmente, pola presenza nas espiñas de aneis de diferentes cores. OBS: Tamén se denomina orizo cacho e porco espiño.
-
-
-
Equinodermo da clase dos equinoideos, que se caracteriza por ter o corpo globoso ou hemisférico, formado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas unidas rixidamente entre elas, e que se dividen en 10 áreas (5 áreas ambulacrais, perforadas por unha serie de poros, e 5 áreas interambulacrais). Na zona oral está a lanterna de Aristóteles, que lles permite triturar o alimento, e na zona aboral, rodeando o ano, existen 5 placas xenitais (que coinciden coas áreas interambulacrais) e 5 placas ocelares (que coinciden coas áreas ambulacrais). Tamén ten unha serie de pugas móbiles, longas ou primarias e curtas ou secundarias, que están distribuídas por todo o corpo e articuladas co caparazón, e uns pés ambulacrais situados nas áreas ambulacrais. Ocupan a franxa costeira desde a zona intermareal ata profundidades de 80 m. Aliméntase de todo tipo de materia orgánica, animal ou vexetal, viva ou morta, xeralmente de noite, cando poden esquivar mellor os depredadores. En Galicia, o Paracentrotus...
-
ourizo de area [Echinocardium cordatum, Fam dos lovénidos]
Ourizo irregular, xa que presenta unha simetría bilateral e non radial como os outros ourizos, cun caparazón cordiforme, máis longo que ancho, de ata 9 cm de lonxitude, pugas maioritariamente curtas e de cor parda amarelada. Atópase en substratos areosos, na zona infralitoral, ata os 200 m de profundidade, no Mediterráneo, Atlántico, mar do Norte e Océano Pacífico.
-
ourizo de mar común [Paracentrotus lividus, Fam dos equínidos]
Ourizo cun caparazón de ata 6 cm de diámetro de cor verde violácea, pugas de aproximadamente 3 cm, de cor variable entre verde e parda, e unha abertura oval estreita. É o ourizo economicamente máis importante en Galicia, España e Francia, xa que os seus ovos son moi aprecidados. A súa área de distribución abarca a totalidade do Atlántico Norte, desde as costas de Escocia ata as de Marrocos, e adéntranse no Mediterráneo ata o Mar Adriático. Pode atoparse sobre fondos rochosos cubertos de algas, e en fondos areosos con corais, ata os 80 m de profundidade. É máis activo pola noite, e aliméntase de algas e plantas do xénero Posidonia. Reprodúcese todo o ano, pero sobre todo en verán.
-
-
Arbusto, da familia das papilonáceas, pequeno e moi espiñento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para a conservación de alimentos, ideado por L. Pasteur, que consiste no seu quentamento a temperaturas variables (máis suaves ca na esterilización) durante un tempo determinado en función das temperaturas, e o inmediato arrefriamento. Así destrúense as formas vexetativas dos xermes patóxenos e dos xermes banais (de maneira que diminúe o número de xermes totais) e impídese a acción dos enzimas dos alimentos, de xeito que non sexan esenciais as modificacións sensoriais e nutritivas. Dado que non son esterilizados, os alimentos pasteurizados deben ser gardados en frío ou condicionados de maneira apropiada e sempre durante un tempo limitado. Pasteurízase a cervexa, o viño, os zumes de froita e, sobre todo, o leite e os derivados lácteos.
-
-
de pasteurizar.
-
Aplícase ao produto que, por medio dun tratamento térmico controlado, está exento de xermes patóxenos, sen ningunha modificación sensible da súa natureza e das calidades nutritivas, aínda que se debe conservar en frío e consumirse en pouco tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao aparato que serve para pasteurizar alimentos e que funciona como intercambiador de calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de presurizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasteurización dos alimentos con radiacións ionizantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de redución das dimensións e o peso dos compoñentes que forman os circuítos electrónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
uperización.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cuberta espiñosa que envolve algúns froitos, principalmente as castañas.
-
-
Mamífero insectívoro de pequeno tamaño, da familia dos erinaceidos, que ten as partes superior e laterais do seu corpo cubertas de pugas, e é coñecido polo andar lento e a facultade de enrolarse. Existen diversas especies de ourizos e en España os principais representantes son o ourizo cacho ou europeo (Erinaceus europaeus) e o ourizo mediterráneo (Atelerix algirus). Cando se senten ameazados fan de si mesmos unha bóla, e ameazan coas pugas ao atacante. Aliméntanse, sobre todo, de froitos e pequenos invertebrados.
-
ourizo cacho/común/ europeo [Erinaceus europeus, Fam dos erinaceidos]
Ourizo común moi estendido por Galicia e pola Península Ibérica. Mide entre 22-35 cm de lonxitude, cunha cola curta de 2-3 cm e un peso de entre 400 e 1.900 gramos. Ten o corpo recuberto de pugas duns 2-2,5 cm de lonxitude, que lles permite defenderse dos seus inimigos, tras formar unha bóla co seu corpo, grazas a uns potentes músculos cutáneos. A súa dentadura é insectívora, pero a súa dieta en realidade é omnívora, xa que se alimenta de insectos, substancias vexetais, miñocas de terra, caracois e lesmas, ovos, aves pequenas e novas, serpes, lagartas e tamén de pequenos roedores, como o rato de campo ou o furaño, de aí que sexa apreciado no rural, polos grandes servizos que achega ao agro. Habitan en bosques claros, en zonas de matogueira e en pradarías, de Europa e Asia. Na Península Ibérica existen dúas subespecies, que poden diferenciarse, principalmente, pola presenza nas espiñas de aneis de diferentes cores. OBS: Tamén se denomina orizo cacho e porco espiño.
-
-
-
Equinodermo da clase dos equinoideos, que se caracteriza por ter o corpo globoso ou hemisférico, formado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas unidas rixidamente entre elas, e que se dividen en 10 áreas (5 áreas ambulacrais, perforadas por unha serie de poros, e 5 áreas interambulacrais). Na zona oral está a lanterna de Aristóteles, que lles permite triturar o alimento, e na zona aboral, rodeando o ano, existen 5 placas xenitais (que coinciden coas áreas interambulacrais) e 5 placas ocelares (que coinciden coas áreas ambulacrais). Tamén ten unha serie de pugas móbiles, longas ou primarias e curtas ou secundarias, que están distribuídas por todo o corpo e articuladas co caparazón, e uns pés ambulacrais situados nas áreas ambulacrais. Ocupan a franxa costeira desde a zona intermareal ata profundidades de 80 m. Aliméntase de todo tipo de materia orgánica, animal ou vexetal, viva ou morta, xeralmente de noite, cando poden esquivar mellor os depredadores. En Galicia, o Paracentrotus...
-
ourizo de area [Echinocardium cordatum, Fam dos lovénidos]
Ourizo irregular, xa que presenta unha simetría bilateral e non radial como os outros ourizos, cun caparazón cordiforme, máis longo que ancho, de ata 9 cm de lonxitude, pugas maioritariamente curtas e de cor parda amarelada. Atópase en substratos areosos, na zona infralitoral, ata os 200 m de profundidade, no Mediterráneo, Atlántico, mar do Norte e Océano Pacífico.
-
ourizo de mar común [Paracentrotus lividus, Fam dos equínidos]
Ourizo cun caparazón de ata 6 cm de diámetro de cor verde violácea, pugas de aproximadamente 3 cm, de cor variable entre verde e parda, e unha abertura oval estreita. É o ourizo economicamente máis importante en Galicia, España e Francia, xa que os seus ovos son moi aprecidados. A súa área de distribución abarca a totalidade do Atlántico Norte, desde as costas de Escocia ata as de Marrocos, e adéntranse no Mediterráneo ata o Mar Adriático. Pode atoparse sobre fondos rochosos cubertos de algas, e en fondos areosos con corais, ata os 80 m de profundidade. É máis activo pola noite, e aliméntase de algas e plantas do xénero Posidonia. Reprodúcese todo o ano, pero sobre todo en verán.
-
-
Arbusto, da familia das papilonáceas, pequeno e moi espiñento.
-
-
GALICIA
Realizador e guionista cinematográfico. Columnista de El Ideal Gallego na década de 1970, colaborou en diversos cineclubs, festivais e mostras de cine galego e realizou un documental para o COAG sobre a demolición do edificio Castromil de Santiago. Traballou como guionista de Veneno puro (1984) e en longametraxes como Continental (1989). Na década de 1990 iniciouse en labores de dirección e produción, primeiro como axudante de Miguel Castelo, e logo coa fundación da produtora Fenda filmes/Os filmes da fenda, para a que dirixiu A metade da vida (1994) e Arde amor (1999).
VER O DETALLE DO TERMO