miniaturización

miniaturización

(< miniaturizar)

  1. s f

    Acción e efecto de miniaturizar.

  2. s f [FÍS]

    Redución, por razóns de necesidade ou de comodidade, das dimensións dos aparatos electrónicos. Primeiro os tubos electrónicos de baleiro foron substituídos polos transistores; despois apareceron os circuítos integrados monolíticos, e por último impúxose a integración a grande escala (VLSI). Segundo a redución fálase de subminiaturización ou de microminiaturización.

Palabras veciñas

miniar | miniatura | miniaturista | miniaturización | miniaturizar | minibar | minibásket