"Vera" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 111.
-
PERSOEIRO
Xurista ilustrado. Logo de estudar gramática no colexio dos xesuítas de Santiago de Compostela, doutorouse en Cánones e foi catedrático de Prima. Escribiu un tratado de dereito titulado Collectio setentiarum. Libri primi. Decretalium juxta ordinem capitulorum digesta (1778).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Foi ministro de Mariña en 1892. Cando se desencadenou o conflito cos EE UU en 1898 estivo ao mando da escuadra do Atlántico, que foi derrotada pola flota comandada polo almirante Sampson. Ao seu regreso, ocupou a capitanía xeneral de Ferrol (1906). En 1899 publicou unha Colección de documentos referentes a la escuadra de operaciones en las Antillas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente obreiro e xornalista. Fundou con Pi i Margall en Madrid en 1846 a Escuela del Trabajador e o xornal El Trabajador (1851), destinado a fomentar a creación de sociedades obreiras. En 1849 participou na fundación do partido demócrata, no que militou na facción socialista. Editou, con Fernando Garrido, La Hoja de las Barricadas e fundou o diario La Voz del Pueblo (1855). Na clandestinidade animou, xunto con Ceferí Tresserres, a sociedade secreta El Falansterio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Restaurante situado en Padrón, rexentado por José Antonio Rivera Casal, cociñeiro de formación clásica, con influencias foráneas e coñecementos na culinaria da caza e da lamprea. Cómpre destacar, tamén, a colección de cadros de artistas galegos contemporáneos exposta nos comedores do local.
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica checa. Da súa produción destacan, entre outras películas, O necem jiném (Dúas vidas), Sedmikrásky (As margaridas, 1966), Hra o jablko (O xogo da mazá, 1975), Kopytem Sem, Kopytem Tam (Un golpe por aquí, un golpe por alí, 1988) e Deditvi aneb kurva hosi guten tag (A herdanza, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escritor e xornalista. Fundou a revista Alfar (1945-1947), da que saíron nove números. Publicou as novelas curtas La señorita y yo e Carmeliña, escritas en castelán e ambientadas en Galicia.
-
PERSOEIRO
Biólogo. Profesor titular da Universidade de Vigo dende 1992. Dedicouse principalmente á bioloxía e á ecoloxía dos insectos, especialmente das libélulas en Galicia. Entre os seus traballos destacan os relacionados coa selección sexual e a competencia espermática. Tamén traballou no control biolóxico dos gurgullos do eucalipto (Gonipterus scutellatus), mediante o uso de parasitos. En relación con esta última actividade, en 1997 recibiu o Premio de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias polo traballo “El gorgojo del eucalipto (Gonipterus scutellatus) en Galicia: Biología y métodos de control”. Investigou, ademais, o millo co fin de obter variedades a partir de xermoplasma autóctono e de avaliar a súa resistencia fronte ás pragas. Entre os seus estudios destacan “Density-dependent mating sucess and colour polymorphism in females of the damselfly Ischnura graellsii” (1992) e “Sperm transfer, displacement and precedence in Ischnura graellsii” (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, situado entre Avilés e Gijón (16.502 h [1996]). Na súa economía destaca a industria siderúrxica (ENSIDESA), así como a agricultura (patacas, cereais e árbores froiteiras). A gandería vacúa permite desenvolver unha pequena industria láctea. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María de Solís e o palacio de Peñalver.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria drenado polo río Pas (2.192 h [1996]). A súa economía baséase sobre todo na gandería bovina, vacúa e nas industrias lácteas. Na agricultura destacan os cultivos de cereais, millo e patacas. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o conxunto histórico de Alceda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Doutor en Belas Artes, estudiou na Escola de Belles Arts de Sant Carles de València e na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Dende 1987 exerceu como profesor de debuxo de ensino medio. A súa obra caracterízase pola utilización de soportes materiais, como a fotografía, a colaxe e o gravado. A súa proposta conceptual recorre á iconografía de obxectos cotiáns tratados cun colorido sobrio sobre fondos neutros. Se ben predominan os aspectos plásticos, as súas obras amosan unha preocupación social e política. Realizou escenografías teatrais e ilustracións de libros, entre eles Práctica teatral na escola (1992). Acadou o I Premio Arte Xove Galega (Vigo, 1988) e foi finalista no Certame Eixo Atlántico (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario da autoría de Román Raña Lama gañador do Premio Esquío 1987 composto por corenta e oito composicións. Caracterizado por uns versos intimistas e complexos nos que se mestura a tradición xunto coas novas tendencias, o autor fala da morte, do amor e da soidade nun ton decadente e emotivo que deixa paso á tristura e á melancolía. Ateigado de símbolos, atópanse referencias aos trobadores, a literatos universais, a personaxes históricos e aos mitos da mitoloxía clásica a través da combinación de versos clásicos nos que transforma a estrutura estrófica do soneto. A lingua empregada está moi elaborada e entre os recursos estilísticos utilizados destaca o paralelismo, a sinestesia, o símbolo e o encabalgamento, que conforman unha estrutura complicada característica do culturalismo e do esteticismo dos anos oitenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período do reinado de Afonso XIII no que o xeneral Primo de Rivera actuou como xefe de goberno con poderes ditatoriais (13.9.1923-28.1.1930). Ante a incapacidade dos divididos partidos dinásticos para crear un goberno forte que afrontase a radicalización da loita obreira e que superase a situación de recesión económica, e ante as consecuencias políticas da Desfeita de Annual, o xeneral Primo de Rivera adiantouse á discusión no Congreso cun golpe de estado militar. Formouse un Directorio Militar coa misión de establecer a orde pública, suspendeuse o réxime constitucional, estableceuse unha ríxida censura e prohibíronse todos os partidos políticos e sindicatos, agás os ligados á patronal. A política do réxime levou a numerosos sectores a un enfrontamento co goberno que acentuou a radicalización dentro dos mesmos partidos dinásticos e do exército, incluso houbo dous intentos de cambio de goberno, a Sanjuanada (xuño de 1926) e o intento de Sánchez Guerra (xaneiro de 1929), que fracasaron. A...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao viño elaborado coa uva que aínda non alcanzou o punto óptimo de maduración. Ten unha gradación alcohólica inferior á normal, de entre 7 e 9°.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paul Constantinescu.
-
PERSOEIRO
Revolucionaria rusa. Afiliada ao populismo e posteriormente ao socialismo revolucionario, foi fundadora da asociación terrorista Zeml’a i Svoboda (Terra e Liberdade). Participou nos atentados contra o Tsar Alexandre II e estivo presa entre 1884 e 1904. Escribiu Memories of a Revolutionist (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa cervexeira fundada en 1906 por José María Rivera. Corral a partir dunha pequena empresa de cervexa e xeo situada no barrio de Catro Camiños (A Coruña). De carácter familiar e cun capital 100% nacional, levou a cabo unha política empresarial de diversificación de produtos xunto cun forte desenvolvemento tecnolóxico, co que conseguiu ter delegacións nas principais cidades galegas, no resto de España e en Europa (Portugal, Países Baixos, Alemaña, Reino Unido, Francia, Bélxica, Andorra, Suecia, Suíza) e América (EE UU, Brasil, México e Uruguay). De vocación galega, o lúpulo empregado na elaboración das cervexas cultívase en Galicia. Posúe un sistema de distribución que combina os medios propios cun sistema de concesionarios. O seu produto máis relevante é a Estrella Galicia, unha cervexa cun sabor lixeiramente amargo produto do lúpulo utilizado. Tamén comercializou as cervexas 1906, de maior corpo ca anterior, HR que é tipo Pilsen e River, que non leva alcohol.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val do Almanzora (14.850 h [2001]). Posúe actividade agrícola, cunha crecente implantación do regadío e da gandería. Destacan as minas de chumbo e prata. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción e o castelo de Santa Bárbara, declarado Ben de Interese Cultural en 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor de cómics. A súa obra caracterízase polo dinamismo e a violencia da narración, o sentido da comicidade baseado na brutalidade física e na fantasía que caracterizan os personaxes, pola planificación a base de gags sucesivos e polo debuxo caricaturesco moi simple. Entre os seus cómics destacan Mortadelo y Filemón, La familia Trapisonda, 13, Rue del percebe, El botones Sacarino, Rompetechos e Pepe Gotera y Otilio. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Artísticos. Realizou os retratos dos presidentes de diversas asociacións, murais e decorou a sede da ONCE na Coruña. A súa obra atópase, entre outras coleccións, na Real Academia Galega e na Deputación da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada en Vigo a partir de 1934. Subtitulouse “Órgano de la Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia” e incluíu información sobre a situación da industria conserveira española, lexislación industrial, datos económicos e financeiros referidos ao sector e noticias sobre o sector pesqueiro e conserveiro a escala mundial. A súa segunda época iniciouse en xaneiro de 1993. Editada por ANFACO e dirixida por Andrés Barros Dacosta, seguiu unha liña moi semellante á súa primeira época, cun incremento de datos técnicos e entrevistas a representantes do sector.