"Vián" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 87.

  • Relativo ou pertencente ao diluvio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado o 18 de marzo de 1962 entre o goberno francés e o goberno provisional da República de Alxeria, que se converteu en país independente. Os cidadáns franceses aprobaron os acordos mediante un referendo celebrado o 8 de abril de 1962 e os alxerianos no referendo do día 1 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1971), obtivo (1977) a praza de profesor agregado de Paleografía e Diplomática na Universidad de Oviedo e a cátedra (1979) na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Granada. Entre as súas obras destacan La colección diplomática del monasterio de Santa María de Penamayor (1971), Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón (1994) e El monasterio de San Juan de Caaveiro (1999). Foi membro da Sociedad Española de Estudios Monásticos e da sección de historia do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á relación entre o tamaño da pelve da femia e o feto que porta, importante para o momento do parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo (880-923). Segundo o Flavianus Bracare Lugo episcopus arce foi tamén bispo de Braga e Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (446-449). Excomungou o monofisita Eutiques sen informar o Papa León I, pero foi deposto polo Emperador Teodosio II, instigado por Dióscoro de Alexandría no Sínodo de Éfeso (449). Morreu camiño do exilio. Foi rehabilitado polo Concilio de Calcedonia. A súa festividade celébrase o 18 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e explorador británico. Participou en diversas expedicións científicas a Groenlandia (1929), aos grandes lagos africanos (1930-1932) e ás illas Falkland (1947-1950). Dirixiu, xunto con sir Edmund Hillary, a expedición británica que atravesou a Antártida (1955-1958), percorrendo o Polo Sur. Foi director do British Antartic Survey (1960-1973) e presidente da Royal Geographical Society (1982-1984). Publicou The Crossing of Antartica (1958), con Edmund Hillary, Antartic Adventure (1959), Of Ice and Men (1982) e A Time to Speak (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave rapaz de entre 28 e 38 cm de lonxitude e 60 e 80 cm de envergadura, de alas relativamente curtas e redondadas e cola longa. Teñen a plumaxe das partes superiores de cor cinsenta escura e as inferiores claras con manchas castañas transversais. As femias son de maior tamaño. Aliméntanse principalmente de pequenas aves. Aniñan en plataformas en árbores. Habitan zonas forestadas onde sorprenden as presas cun voo áxil e rápido.

    2. Órgano vexetal con aspecto de talo moi delgado, de orixe foliar ou caulinar, que grazas ao seu acusado haptotropismo agárrase a calquera soporte e enróscase en hélice sobre el, de xeito que permite que a planta gabee.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Licenciouse en Medicina en Madrid (1931), ampliou os seus estudios en Dinamarca con Krogh e en Alemaña con Meyerhof, en temas de metabolismo. Discípulo de J. Negrín, durante a guerra estivo en Madrid, onde creou un instituto de alimentación que dirixiu J. Puche, e estudiou a patoloxía da desnutrición e algunhas avitaminoses. Traballou en Göttingen, Copenhaguen, Lund e Londres. Catedrático de Fisioloxía e Bioquímica da facultade de Medicina de Zaragoza (1950), en 1953 marchou á Universidade de Minneapolis (Minnessota) e dirixiu o laboratorio do Mount Sinai Hospital; posteriormente, foi profesor de bioquímica na facultade de Ciencias de Zaragoza (1974). É autor de traballos básicos sobre o metabolismo dos lípidos, en particular do colesterol, e a función do glucagón. Das súas obras destacan Nutrición y salud e Reflexiones sobre nutrición humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Vivien Leigh, estudiou arte dramática na Comédie Française de París e na Royal Academy of Dramatic Art de Londres. En 1934 debutou como actriz teatral e tamén con pequenos papeis secundarios no cine. Destacan os seus filmes Gone with the Wind (1939,   Oscar á mellor actriz 1940), That Hamilton Woman (1941), Anna Karenina (1948), A Streetcar Named Desire (1951, Oscar á mellor actriz 1952) e Ship of Fools (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estado e idade do Cretáceo inferior, situado sobre o Valanginia e baixo o Barremia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Hauteriviano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo inglés. Estudiou, a partir de 1910, a condución nerviosa, a transmisión neuromuscular e os fenómenos fisiolóxicos, bioquímicos e biofísicos relacionados. En 1922 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Otto Meyerhof, polas súas achegas ao coñecemento da actividade muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie (e época) inferior do Carbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Kasimoviano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, regado polo río Nalón (14.531 h [2001]). O núcleo do termo é Pola de Laviana. Participou de dúas economías moi diferentes, a minería de carbón no val e a gandería nas zonas montañosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pulmón dalgúns animais. OBS: Normalmente úsase en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pouco peso.

    2. Que ten pouca transcendencia ou profundidade.

    3. Que pensa e actúa de forma inconsciente e pouco reflexiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Monrovia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Monrovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie e época do Carbonífero mariño ruso, situado sobre o Baxkiriano e baixo o Kasimoviano.

    VER O DETALLE DO TERMO