Hartley, Vivian Mary
Hartley, Vivian Mary
Actriz. Coñecida como Vivien Leigh, estudiou arte dramática na Comédie Française de París e na Royal Academy of Dramatic Art de Londres. En 1934 debutou como actriz teatral e tamén con pequenos papeis secundarios no cine. Destacan os seus filmes Gone with the Wind (1939, Oscar á mellor actriz 1940), That Hamilton Woman (1941), Anna Karenina (1948), A Streetcar Named Desire (1951, Oscar á mellor actriz 1952) e Ship of Fools (1965).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Darjeeling, India -
Deceso
Lugar : Londres