"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Economista. O seu pensamento, inicialmente neomercantilista, converteuse no mellor expoñente da elaboración do liberalismo económico de Adam Smith na España do s XVlll. Paralelamente, seguiu unha carreira administrativa na Secretaría de Finanzas, ata que no 1799 foi apartado do servizo activo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta español. Licenciado en Dereito, aínda que nunca exerceu. Considerado un dos principais representantes da Xeración do 27, o seu mundo poético enriqueceuse e evolucionou dende Ámbito (1928) ata Espadas como labios (1932) e La destrución o el amor (1934), dende o simbolismo ao superrealismo. Espallou a idea de que a poesía é o todo e que os datos da experiencia vital, a natureza, o subconsciente e as lembranzas son os elementos que a integran. Despois dos poemas en prosa Pasión de la tierra (1935), publicou un dos seus libros fundamentais: Sombra del Paraíso (1944). Despois dos amargos versos de Mundo a solas (1950) escribiu entre outras: Historia del corazón (1954), Poemas de la consumación (1968) e Diálogos del conocimiento (1974). Publicou tamén Poesías completas (1960) e os retratos literarios Los Encuentros (1959). En 1968 reuniu todas as súas Obras completas, e en 1976 publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso, membro do Proletkul’ t. Autor de Vosstanije (A insurrección, 1919), Utro (A mañá, 1921) e Veter (O vento, 1925), cultivou temas inspirados na Guerra Civil deses anos e nos problemas do traballo na nova sociedade soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Único fillo varón do Tsar Nicolao II e da súa dona, a Tsarina Alexandra F’odorovna. A súa hemofilia foi a causa principal da entrada de Rasputin na Corte. Durante a Revolución do 1917 fixérono prisioneiro e posteriormente executárono co resto da súa familia máis próxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo do Tsar Pedro o Grande e da súa primeira muller, Lopukhina. Apoiado polo clero, opúxose ás reformas de seu pai, que decidiu excluílo da sucesión ao trono (1716). Un ano despois fuxiu a Viena e a Nápoles, pero volveu a Rusia. Foi aprisionado e executado no 1718 por conspirar contra o Tsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. O Tsar Nicolao II nomeouno Xefe do Estado Maior Xeral durante a Primeira Guerra Mundial. Despois da Revolución bolxevique uniuse a Denikin e traballou na Ucraína (1917-1918) organizando o Exército Branco, que había de loitar contra do soviético Exército Vermello. No 1918 foi nomeado membro do Directorio de Ufa (goberno provisorio antibolxevique) pero morreu axiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Serbia (1842-1858), fillo de Xurxo I de Serbia. Foi oficial do exército ruso. No 1842 substituíu a Miloš Obrenović como príncipe de Serbia. Durante o seu reinado consolidouse o principado e o réxime apoiouse nos funcionarios, na policía e no exército. Ilya Garachanin agrandou os territorios de Serbia, pero o príncipe (ás veces favorable a Austria e outras a Rusia) foi deposto (1858) pola Skupstina (Asemblea Nacional), que devolveu a Milos ao trono. No 1871, foi acusado de participar no asasinato de Miloš Obrenović, pero foi absolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico soviético. En 1934 descubriu, co seu irmán Artemij Isaakovič Alikhanian (1908 - 1978), a emisión de parellas electrón-positróns polos núcleos radioactivos. Estudiou tamén os raios cósmicos. En 1949 dirixiu a construción do primeiro reactor nuclear soviético e en 1961 a dun acelerador de protóns. Tivo un papel destacado na creación da bomba nuclear soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de Filoloxía nas universidades de Saabrücken, Windsor (Canadá), Wayne State (Detroit) e Catedrático de Wisconsin-Oshkosh. Centrou o seu campo de investigación no mundo medieval. Entre os seus estudos monográficos pódense citar os traballos Gallaecia scandinavica: Introdución ao estudo das relacións galaico-escandinavias durante a Idade Media (1986), Alsacia Jacobea: introdución al estudo de las peregrinaciones alsacianas a Santiago de Compostela, historia, literatura, arte (1994) e Dinamarca jacobea: historia, arte y literatura (1997). Foi tamén responsable da edición traducida e comentada do texto noruegués do Séc. XIII Specullum Regale, e coordinador do volume Seis ensaios sobre o Camiño de Santiago (1992), en que escolma algúns dos máis destacados estudos publicados por especialistas alemáns sobre o tema da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deputado nas Cortes Constituíntes do 1869 e Gobernador Civil de Lugo. Polo seu discurso Necesidad de escribir la Historia filosófica de Galicia desde los tiempos más remotos hasta nuestros días, y su utilidad para el porvenir foi premiado co Caravel de Prata nos primeiros Xogos Florais de Galicia, celebrados na Coruña no 1861, traballo publicado no Álbum de la Caridad. Durante os anos 1859, 1860 e 1861 colaborou no Boletín Judicial de Galicia, e en 1872 firmou en Viveiro o manifesto Electores del distrito de Vivero. Morreu en Valladolid, onde ocupaba o cargo de fiscal da Audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Promotor da creación do Colexio de Avogados da Real Audiencia da Coruña e Arquiveiro do Reino de Galicia (1775). Publicou Defensa de la inocencia, repulsa de la calumnia, manifestación de la verdad (1775).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizou os seus primeiros estudios no Seminario de Mondoñedo, que abandonou para ingresar no exército. No 1840 desertou e marchou a Madrid, onde traballou como redactor de El Huracán. No 1842 foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Lugo pero abandonou o posto polos acontecementos políticos de 1843 e marcha a vivir a Sevilla. Pouco despois obtivo a cátedra de Latín do Instituto de Bilbao, cargo que ostentou ata que no 1854 foi nomeado Cónsul Xeral en Anveres, dende onde foi trasladado a Veracruz no 1856 onde morre. Como escritor publicou Fragmentos bélicos de la terrible lucha de los siete años (1842), o poema histórico El Hijo de María (1852), e dous volumes titulados Glorias de Sevilla, en armas, letras, ciencias, artes, tradiciones, monumentos, edificios, caracteres, costumbres, estilos, fiestas y espectáculos (1859), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de fútbol. Militou a maior parte da súa carreira deportiva no Real Club Celta de Vigo, dende a tempada 1979-80 ata a 1995-1996, a da súa retirada. Con anterioridade xogou no Club Deportivo Orense, e na 1982-1983 foi cedido ao Racing de Ferrol. Co Celta disputou 311 partidos oficiais (194 na Primeira División e 107 na Segunda), chegando a ostentar a capitanía do equipo. Ocupaba no campo a posición de centrocampista organizador e adoitaba lucir o número 6. O seu maior éxito foi proclamarse subcampión do Campionato de España (Copa da S M o Rei), disputando a final ao Real Zaragoza, en Madrid, a noite do 20 ao 21 de Abril de 1994. O 24 de agosto de 1996, no partido da súa homenaxe, recibiu a insignia de ouro e brillantes do Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciada en Filoloxía Hispánica, realizou a súa memoria de licenciatura en 1986 sobre a lingua de Rosalía de Castro. Ten publicados estudios de crítica literaria no Anuario de Estudios Literarios Galegos e en Grial. Participou nos volumes colectivos Carles Riba e Galicia (1993), Comentarios de textos populares e de masas (1994) ou Luís Seoane. Día das Letras Galegas (1994). Fixo tamén as edicións Rosalía de Castro para nenos (1988), O catecismo do labrego e outros textos en prosa (1992), de Valentín Lamas Carvajal e Entrevistas con E. Blanco-Amor (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras,   Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica, situada en Palas de Rei, na que destaca a portada occidental, presenta dúas arquivoltas de medio punto que descansan sobre as xambas e no arco exterior aparece un zigzag que chega a formar pequenos dentes de engrenaxe. Conserva tamén a porta meridional, co lintel de lados escaleirados e unha colección de canzorros de proa baixo o beiril do mesmo lado. Esta igrexa está datada a finais do século XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ruso. Emigrou a París e dirixiu unha revista de oposición. O esencial da súa obra constitúeno novelas sobre a intelligencija rusa de fins do s XIX e sobre problemas como o da prostitución: Marja Susjevna (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta valenciano. Caracterizouse por un estilo renovador dentro do seu ámbito. Extraordinariamente prolífica, a súa expresión poética presenta dúas constantes, a morte e o sexo, aludindo con frecuencia á realidade cotiá. Foi autor, entre outras obras, do Llibre de les meravelles (1971), L’hotel París (1973) e Festas llunyanes. Tamén publicou uns volumes de Memòries.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e paleontólogo ucraíno. Está considerado un dos pioneiros da oceanografía. Estudiou as profundidades, correntes, temperatura e composición do Mar Negro, do Caspio e do Mármara. Pode ser considerado precursor da paleoecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario ruso. Mantivo correspondencia con Marx. A Pis´ma iz Pariža (Cartas de París, 1847-1848) dá a coñecer as novas correntes ideolóxicas occidentais. Entre os seus estudios críticos destaca Zamečatelnoje des´atiletije (O marabilloso decenio, 1880) sobre a literatura rusa dos anos trinta.

    VER O DETALLE DO TERMO