Almazán Climent, Vicente
Profesor de Filoloxía nas universidades de Saabrücken, Windsor (Canadá), Wayne State (Detroit) e Catedrático de Wisconsin-Oshkosh. Centrou o seu campo de investigación no mundo medieval. Entre os seus estudos monográficos pódense citar os traballos Gallaecia scandinavica: Introdución ao estudo das relacións galaico-escandinavias durante a Idade Media (1986), Alsacia Jacobea: introdución al estudo de las peregrinaciones alsacianas a Santiago de Compostela, historia, literatura, arte (1994) e Dinamarca jacobea: historia, arte y literatura (1997). Foi tamén responsable da edición traducida e comentada do texto noruegués do Séc. XIII Specullum Regale, e coordinador do volume Seis ensaios sobre o Camiño de Santiago (1992), en que escolma algúns dos máis destacados estudos publicados por especialistas alemáns sobre o tema da peregrinación a Santiago. Publicou numerosos traballos en revistas europeas e americanas, como os dedicados a Afonso X, ás relacións entre o mundo románico e o xermánico, etc, pero tamén en Grial e Compostellanum, entre os que cómpre citarmos: “Dous topónimos galegos na Noruega”, “El viaje de la princesa Cristina a Valladolid según la saga islandesa del rei Háko”, “Lutero y Santiago de Compostela”, “El viaje a Galicia del caballero Arnaldo von Harff en 1498” e “O corazón de Galicia”.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Castelló de la Plana