"Vilanova" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 35.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (10.194 h [2001]). A agricultura é de secaño. A industria está diversificada.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (2.540 h [2001]). É un lugar de veraneo e de segunda residencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo concello que comprendía as parroquias de Castromao, Espiñoso, Freixo, Penela, Vilanova dos Infantes e Viveiro. Establecido en 1835, en 1927 integrouse no concello de Celanova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilanova dos Infantes (Celanova). Pertenceu ao mosteiro de Celanova e aos condes de Monterrei. Consérvase a torre da homenaxe e algúns lenzos da muralla. Reconstruíuse despois da súa destrución durante as Guerras Irmandiñas e reformuse no s XVII. A torre consta de varios pisos que teñen ventás en todas as frontes, pero presenta un aspecto macizo. Foi declarado BIC en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Vilanova dos Infantes (Celanova). Fundouno, ao redor de 950, a nai de san Rosendo, Ilduara.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (54.230 h [2001]). A agricultura baséase sobre todo na vide. Ten industria moi diversificada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta e historiador. Militou nas Juventudes Republicanas. Tras a Guerra Civil Española dedicouse ao ensino e colaborou na revista Posío, onde elaborou a sección “Orensanos ilustres”. Despois de gañar en 1951 un concurso do Centro Galego de Bos Aires co traballo Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (1953), viviu en Bos Aires (1954-1982). Profesor de lingua e literatura galego-portuguesa na Universidad Nacional de La Plata, desempeñou a cátedra de Cultura Gallega no Centro Lucense de Bos Aires (1956-1959). Foi catedrático de historia medieval e moderna na Universidad Nacional del Nordeste, director do Instituto de Investigaciones Históricas e catedrático de Historia Medieval e Historia de España na Universidad Nacional del Sur. Participou nos programas radiofónicos Galicia Emigrante e presidiu a comisión de Cultura do Consello de Galicia. Publicou Los gallegos en la Argentina (1966). Obtivo o Premio Nacional de Historia (1936) cun estudo sobre o padre...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Doutorado en Filoloxía Románica pola Universidad Central de Madrid. Na súa obra obsérvase o paso da literatura socialrealista cara a unha preocupación máis esteticista, propia da década de 1980. Autor de diversos estudos sobre a obra de Luis Cernuda, Rafael Alberti e Xavier Rodríguez Baixeras, publicou os poemarios Mejor el fuego (1972), con certos trazos culturalistas; El cazador de días (1977), de carácer superrealista e con elementos clasicistas; E direi-vos eu do mister das cobras (1980), onde abundan os símbolos e a súa preocupación pola linguaxe poética; e A lenda das árbores de prata (1985), centrada no ciclo artúrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Armariz (Xunqueira de Ambía). Ten planta en forma de U co patio pechado por un muro. Nunha das ás laterais atópase a capela onde, como a porta de entrada, se fai referencia as Ulloa e Márquez. Na á sur consérvase unha solaina de madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ribela (Coles). Ten planta en forma de U, con dúas plantas, con torre no extremo dun dos corpos laterais e patio pechado. Ten dous patios de servizo onde se atopan a casa dos caseiros e diversas construcións adxectivas. Ten unha capela pegada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Dormeá (Boimorto). Ten planta irregular. Na parte posterior destaca unha solaina con balaustrada barroca. Na fachada conserva as armas dos Castro e dos Ulloa en escudos independentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Arnoia en Allariz. Trátase dunha ponte de cantaría do s XV con dous vans de medio punto alombados. Atópase no Camiño Real de Castela a Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto pesqueiro situado na ría de Arousa no concello de Vilanova de Arousa. Ten un calado de 2 m e conta con pequenas instalacións náutico-deportivas.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Miño. Construída no s XI en estilo románico, ten unha soa nave e unha ábsida semicircular que, ao exterior, aparece dividida en tres panos separados por unha pilastra plana e decorada toda ela con arquiños cegos sobre os que se atopa unha cornixa voada.
VER O DETALLE DO TERMO