Vilanova dos Infantes, castelo de

Vilanova dos Infantes, castelo de

Construción situada en Vilanova dos Infantes (Celanova). Pertenceu ao mosteiro de Celanova e aos condes de Monterrei. Consérvase a torre da homenaxe e algúns lenzos da muralla. Reconstruíuse despois da súa destrución durante as Guerras Irmandiñas e reformuse no s XVII. A torre consta de varios pisos que teñen ventás en todas as frontes, pero presenta un aspecto macizo. Foi declarado BIC en 1994.