"Xoán X" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 30.

  • PERSOEIRO

    Papa (965-972). De nome Giovanni Crescenzi, foi elixido por designación dos legados imperiais, e rexeitado e expulsado polo pobo de Roma. Volveu entrar en Roma apoiado polas tropas de Odón I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (983-984). Foi chanceler de Odón III, grazas ao que foi elixido papa. Os seus adversarios puxeron no seu lugar ao antipapa Bonifacio VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1024-1032), irmán do Papa Benedito VIII. De nome Romano, coroou emperador a Conrado II e rompeu as relacións con Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán Xosé de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (985-996). Elixido grazas ao apoio do grupo dos Crescenzi, foi o primeiro en realizar unha canonización, a de Ulrico de Ausburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1003-1009). Restableceu a relación con Bizancio e iniciou a evanxelización eslava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1276-1277). De nome Pietro Giuliano, foi coñecido como Petrus Hispanus. Estudou medicina en París, perfeccionou os seus estudos médicos na Escola de Salerno e ensinou medicina no estudo de Siena. Foi médico do Papa Gregorio X e arcebispo de Braga (1272). Escribiu unhas Summulae logicales que acadaron unha gran difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1316-1334). De nome Jacques Duesa, foi chanceler do reino de Sicilia e bispo de Frejus e Aviñón. A súa actividade centralizadora suscitou a oposición de Luís de Baviera, que foi excomungado e apoiou a elección do antipapa Nicolau V. Condenou os franciscanos espirituais e o mestre Eckart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antipapa (1410-1414). De nome Baldassare Cossa, foi elixido papa á morte de Alexandre V. Convocou un concilio para condenar as doutrinas de Wycliff. Influído polo Emperador Sexismundo para convocar o Concilio de Constanza para rematar co Cisma de Occidente, foi deposto, considerado antipapa e levado a prisión. Martiño V reintegrouno no cardealado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1958-1963). De nome Angelo Giuseppe Roncalli, ordenouse sacerdote en Roma en 1904 e foi secretario do bispo de Bérgamo, Giacomo Maria Radini Tedeschi. Profesor de historia eclesiástica, patroloxía e apoloxética no seminario de Bérgamo, foi presidente para Italia do consello central da Pontificia Opera della Propagazione della Fede (1921). En 1925, Pío XI nomeouno visitador apostólico en Bulgaria e ordenouno bispo. En 1935 foi nomeado delegado apostólico en Turquía e Grecia. Durante a Segunda Guerra Mundial salvou a moitos xudeus mediante os permisos de tránsito que lles facilitaba a través da Delegación Apostólica. En 1944 Pío XII enviouno a París como nuncio apostólico. Nomeado cardeal en 1956 pasou a Venecia como patriarca. Elixido papa, e en contra da expectativa xeral de que sería un papa de transición, puxo en marcha o maior intento de achegamento da Igrexa Católica á sociedade do seu tempo. Propuxo unha reformulación do papel da Igrexa no mundo, dos seus ritos, estruturas e...

    VER O DETALLE DO TERMO