Xoán XXI

Xoán XXI

Papa (1276-1277). De nome Pietro Giuliano, foi coñecido como Petrus Hispanus. Estudou medicina en París, perfeccionou os seus estudos médicos na Escola de Salerno e ensinou medicina no estudo de Siena. Foi médico do Papa Gregorio X e arcebispo de Braga (1272). Escribiu unhas Summulae logicales que acadaron unha gran difusión.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lisboa

  • Deceso

    Lugar : Viterbo