"Xudá" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 22.
-
PERSOEIRO
Caudillo xudeu, fillo do sacerdote Matatías, do grupo dos asmoneos. Á morte do seu pai liderou a oposición contra Antíoco IV e os seus sucesores (167-161 a C). Morreu en combate pouco antes de pechar un pacto con Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Apóstolo, irmán de Santiago o Menor. A tradición fíxoo curmán de Xesús. Despois da morte de Xesús Cristo predicou en Siria e Mesopotamia e, segundo a lenda, curou da lepra a Abgar, rei de Edesa. Matárono a mazazos aos pés dunha estatua de Diana. Iconograficamente representouse cunha maza, instrumento de martirio. Ten como emblema unha cruz de fuste longo (sinal de que acabou crucificado). A súa festividade celébrase o 28 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO