Xudas Tadeu, san
Xudas Tadeu, san
Apóstolo, irmán de Santiago o Menor. A tradición fíxoo curmán de Xesús. Despois da morte de Xesús Cristo predicou en Siria e Mesopotamia e, segundo a lenda, curou da lepra a Abgar, rei de Edesa. Matárono a mazazos aos pés dunha estatua de Diana. Iconograficamente representouse cunha maza, instrumento de martirio. Ten como emblema unha cruz de fuste longo (sinal de que acabou crucificado). A súa festividade celébrase o 28 de outubro.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Armenia