"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • Afonso III de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso IV de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso V de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista israelí. Establecido en París dende 1951, onde conecta con artistas abstractos e superrealistas, realizou investigacións no campo da óptica, da cinética, da combinación entre pintura e son (1960-1970) e, posteriormente, do movemento comezando a realizar esculturas. Son ben coñecidos os seus proxectos e realizacións de carácter monumental, como os xardíns do Palacio Nacional de Xerusalén e o barrio da Défense en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Médico lendario de Nagasaki, a quen se atribúe a regularización do iuiutsu, arte marcial que se aprende na China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Birmania actualmente chamada Sittwe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soberano de Birmania (1752-1760). Puxo fin á anarquía que imperaba no país despois da morte de Thalun (1748), dominou os reinos independizados (Aca, 1753; Pegu, 1757) e fundou Rangoon. Invadiu Siam co fin de repoboar as rexións do delta do Irawadi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Royal Albert Hall.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València (13.127 h [1996]). Plantacións de hortalizas e chufa. Casarío de época islámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e escritor castelán. É autor dalgúns libros relixiosos e, sobre todo, dunha novela picaresca, Alonso, mozo de muchos amos o El donado hablador (1624-1626), derivación culta do Lazarillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora coñecida polo seu pseudónimo An Alfaya. Realizou os estudios de maxisterio, criminoloxía e detective privado. Cultiva a narrativa curta, o teatro, o relato e a poesía. Participa na fundación do Teatro Avento de Vigo e no 1989 recibe un accéssit na Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós pola súa obra Bua-bua-requetebua, para gañar no 1991 o primeiro premio deste certame con O maquinista Antón, xunto co segundo premio no certame Meigas e Trasgos con Noite de meigallos. En castelán gañou dous accéssit nos premios Ciudad de San Sebastián e ASEJE, coas pezas para adultos El uno y el otro (1991) e La danza del paraguas (1995), respectivamente. No eido da novela infantil publicou en galego O caderno azul (1996) e Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997); en castelán publicou Tita (1997). En galego ten os contos Os morcegos, Auga varrida, O escondedoiro, e en castelán Querer es...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Baal, de quen reproduce os seus poderes, na mitoloxía ugarítica. Deus da vexetación e da humidade, fronte ao seu irmán Mot, deus da seca. Entre ambos os dous irmáns representan o ciclo completo das estacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia caciquil aparecido en Tui en 1906 e subtitulado “Semanario político independiente, defensor de los intereses generales del distrito”. Fundado e dirixido por Venancio Lorenzo, contiña información xeral, ademais dalgunhas colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Bilbao no 1902, por achega de capital de tres empresas de Euskadi. No ano 1940 absorbeu a Compañía Siderúrgica del Mediterráneo (Sagunto) e no 1971 a SA Basconia. En 1971 creou Altos Hornos del Mediterráneo SA. Ten siderurxia integral en Barakaldo e Sestao (Bizkaia) e outras instalacións transformadoras. Por mor das fortes perdas arrastradas dende o decenio 1970-1980, en 1991 integrouse, conxuntamente coa Empresa Nacional Siderúrgica (ENSIDESA), baixo o control e a xestión da Corporación de la Siderurgia Integral, paso que, de feito, supuxo o seu traspaso ao sector público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Sobriño e antigo vasalo do Cid, marchou de Castela cando este foi exiliado (1081). Retornou ao servizo de Afonso VI (1085), participando na conquista de Toledo, cidade da que lle foi confiado o goberno e a defensa. Morreu en Segovia mentres defendía os dereitos de dona Urraca fronte ao seu marido Afonso I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Oitavo conde de Oropesa (1621), marqués de Jarandilla e de Villar, e conde consorte de Alcaudete. Lugartenente de València (1645-1650), durante o seu mandato celebrouse a derradeira Corte Xeral do Reino de València (1645). Posteriormente foi Vicerrei de Sardeña (1650-1651), e dende 1651, Embaixador en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il de Amasya, na Anatolia Central, Turquía, nas ribeiras do río Yesilirmak (55.600 h [1990]). Antiga residencia dos reis do Pontos, foi unha das cidades máis importantes do imperio dos comnens de Trebisonda e dos seliúcidas. O Sultán Baiazet II mandou construír unha mesquita en 1486.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il da Anatolia Central, Turquía (5.452 km2; 357.900 h [1990]). A capital é Amasya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina de familia xitana que debutou xunto co seu pai en 1917. No ano 1929, formando parte do Trío Amaya, actuou en París. Tamén realizou algunhas películas: La hija de Juan Simón (1934) e Los Tarantos (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana fundada en 1908, dedicada á obtención de cianamida cálcica e, dende 1916, á fabricación de produtos químicos derivados. Situada nas cataratas do Niágara, utiliza a súa forza motriz como fonte de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO