Alfaya Bernárdez, María de los Ángeles

Alfaya Bernárdez, María de los Ángeles

Escritora coñecida polo seu pseudónimo An Alfaya. Realizou os estudios de maxisterio, criminoloxía e detective privado. Cultiva a narrativa curta, o teatro, o relato e a poesía. Participa na fundación do Teatro Avento de Vigo e no 1989 recibe un accéssit na Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós pola súa obra Bua-bua-requetebua, para gañar no 1991 o primeiro premio deste certame con O maquinista Antón, xunto co segundo premio no certame Meigas e Trasgos con Noite de meigallos. En castelán gañou dous accéssit nos premios Ciudad de San Sebastián e ASEJE, coas pezas para adultos El uno y el otro (1991) e La danza del paraguas (1995), respectivamente. No eido da novela infantil publicou en galego O caderno azul (1996) e Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997); en castelán publicou Tita (1997). En galego ten os contos Os morcegos, Auga varrida, O escondedoiro, e en castelán Querer es poder y poder es vencer, Mi hijo tonto, Prejuicios, Querida esperanza, Soliloquio de perfiles e Aroma a naranjas y huevos rotos. En 1999 publicou a novela curta A recortada.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo