"alar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 146.

  • Que ou o que fai ostentación das súas calidades, vangloriándose delas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer alarde ou ostentación dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza que serve para prolongar ou aumentar a lonxitude dalgún instrumento.

    2. Vela para alongar.

    3. Bacelo da videira que non se poda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de alargar ou prolongar algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obrar para que algo sexa máis largo, estendendo, aumentando ou ampliando no tempo ou no espacio físico.

    2. Prolongarse no tempo ou no espacio, facendo que sexa máis largo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roturacións realizadas nos montes de dominio público para transformarlos en leiras e terreos cultivables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento na extensión de calquera elemento.

    2. Tempo ou prazo no que se realiza un proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence a Allariz ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Allariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos visigodos (396-410). Caudillo visigodo na rexión do baixo Danubio, atacou Dalmacia, Illiria, Macedonia e Grecia. Chegou ao norte de Italia, pero freouno Estilicón. Retirouse á Panonia, atacou novamente Italia e saqueou Roma (410). Dirixiuse ao S de Italia, pero morreu polo camiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos visigodos, fillo de Eurico. O seu reino, coa capital en Toulousse, comprendía a metade meridional da Galia e case toda a Hispania. Foi vencido e morto por Clodoveo, Rei dos francos. Os visigodos da Aquitania pasaron a Hispania conservando a Galia Narbonesa no NL dos Pireneos (Septimania). Baixo o seu reinado fíxose a compilación das leis romanas coñecida como Breviario de Alarico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Berro de guerra, principalmente dos mouros, ao entrar en batalla.

    2. Berro moi forte por mor dunha dor ou dunha situación de angustia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestre de obras antigamente dedicado a labores de arquitectura e albanelería.

    2. Individuo que emprega tácticas e malas mañas, de malos costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aviso ou sinal feito en caso de perigo.

      2. Aviso ou sinal que se dá nun exército para preparar a defensa ou o ataque.

    1. Sistema mobilizador do comportamento que prepara inmediatamente unha resposta adaptada a unha situación urxente.

    2. Inquietude causada pola crenza na inminencia dun perigo, a proximidade dun inimigo, etc.

    3. Dispositivo de seguridade, capaz de emitir sinais perceptibles cando o sistema, vixiado por el, presenta unha anomalía que o expón a un perigo inminente e para permitir pór en marcha o sistema de protección contra este perigo. De maneira xeral, un aparello de alarma consta de dúas partes: un mecanismo detector, que capta a variación provocada pola anomalía do sistema controlado, e un mecanismo de aviso que, conectado co detector, dispara sinais acústicos, luminosos, hertzianos ou doutro tipo. Eventualmente, o aparello de alarma pode constar tamén dun mecanismo de protección, capaz de actuar de forma automática para evitar ou paliar os efectos perigosos da anomalía producida. Os aparellos de alarma son empregados en todos os campos onde a alteración fortuíta de determinadas condicións poida provocar danos persoais ou materiais. Hoxe en día, algúns destes sistemas de alarma están conectados directamente con empresas de seguridade.

    4. Sinal para anunciar unha mensaxe de auxilio ou un aviso de ciclón. Consiste en doce raias, de catro segundos de duración, do sistema Morse e con intervalos dun segundo entre raia e raia, durando, xa que logo, un minuto xusto.

    5. Estado de crise previsto no ordenamento constitucional que permite ao goberno a modificación transitoria do réxime constitucional ordinario e que, a diferenza dos outros estados excepcionais, non permite a suspensión de ningún dos dereitos nin das liberdades dos cidadáns. Dá ás autoridades competentes facultades extraordinarias.

    6. Síndrome de adaptación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou produce alarma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer en alarma.

    2. Asustarse ou mobilizarse ante unha situación que poida implicar perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso no que se difunden novas alarmantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa inclinada a difundir alarmas, especialmente sen fundamento, sen necesidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, Illes Balears, na serra da Tramuntana (3.840 h [1996]). A súa función é principalmente residencial e ten industria do calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (510-531). Fillo de Alarico II e neto de Teodorico I o Grande. Recoñecido Rei no 510, Hispania e as rexións da Galia visigóticas pasaron a depender de Teodorico, rexente do seu neto. Morto Teodorico (526), Amalarico maltratou os cristiáns, entre eles a súa dona Clotilde, filla do Rei franco Clodoveo. Este feito provocou un enfrontamento cos francos, que tomaron Narbona. Fuxiu a Barcelona, onde foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tréveris. Embaixador de Carlomagno en Bizancio (813) e mestre na Escola Palatina de Lión. Foi un dos representantes do denominado “Rexurdimento Carolinxio” e o seu libro De ecclesiasticis officiis tivo moita influencia sobre o desenvolvemento da liturxia.

    VER O DETALLE DO TERMO