alarma
(< it ¡all’arme!)
-
s
f
-
Aviso ou sinal feito en caso de perigo.
Ex: Deron a alarma e chegaron os bombeiros.
-
[BÉL]
Aviso ou sinal que se dá nun exército para preparar a defensa ou o ataque.
Ex: Alarma aérea. Alarma de carros. Alarma de gas.
-
-
s
f
[PSIC]
Sistema mobilizador do comportamento que prepara inmediatamente unha resposta adaptada a unha situación urxente.
-
s
f
Inquietude causada pola crenza na inminencia dun perigo, a proximidade dun inimigo, etc.
Ex: Poñer unha familia en estado de alarma.
-
s
f
[TECNOL]
Dispositivo de seguridade, capaz de emitir sinais perceptibles cando o sistema, vixiado por el, presenta unha anomalía que o expón a un perigo inminente e para permitir pór en marcha o sistema de protección contra este perigo. De maneira xeral, un aparello de alarma consta de dúas partes: un mecanismo detector, que capta a variación provocada pola anomalía do sistema controlado, e un mecanismo de aviso que, conectado co detector, dispara sinais acústicos, luminosos, hertzianos ou doutro tipo. Eventualmente, o aparello de alarma pode constar tamén dun mecanismo de protección, capaz de actuar de forma automática para evitar ou paliar os efectos perigosos da anomalía producida. Os aparellos de alarma son empregados en todos os campos onde a alteración fortuíta de determinadas condicións poida provocar danos persoais ou materiais. Hoxe en día, algúns destes sistemas de alarma están conectados directamente con empresas de seguridade.
-
s
f
[COMUN]
Sinal para anunciar unha mensaxe de auxilio ou un aviso de ciclón. Consiste en doce raias, de catro segundos de duración, do sistema Morse e con intervalos dun segundo entre raia e raia, durando, xa que logo, un minuto xusto.
-
s
f
[DER]
Estado de crise previsto no ordenamento constitucional que permite ao goberno a modificación transitoria do réxime constitucional ordinario e que, a diferenza dos outros estados excepcionais, non permite a suspensión de ningún dos dereitos nin das liberdades dos cidadáns. Dá ás autoridades competentes facultades extraordinarias.
-
s
f
[PAT]
Síndrome de adaptación.