"arria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘lombo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á locución ‘rei de trunfos na brisca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘soldados’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘queixo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado a partir do 19 de outubro de 1924 e subtitulado “Semanario de información general y Órgano de la Unión Patriótica en el distrito”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Construída no s XVII, ten planta rectangular de nave única con cuberta de madeira a dúas augas. No seu interior destaca o retablo maior neoclásico (s XVIII), con imaxes de san Pedro, san Xosé e Santiago, un retablo renacentista (s XVII), con imaxes de santo Antonio e santa María, e un altorrelevo de Deus Pai. No exterior, destaca a espadana dun van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou enxeñería industrial en Alemaña (1897). Traballou na empresa siderúrxica da súa familia ata que, trala morte da súa nai, se dedicou á pintura. No ano 1903 trasladouse a París, onde estudiou no obradoiro de Francisco Durrio e na Académie Julien. Realizou a súa primeira mostra en 1916 na Asociación de Artistas Vascos. Cultivou as naturezas mortas, a pintura de xénero, a paisaxe e o retrato, entre os que destacan Don Miguel de Unamuno, Valle-Inclán e Pío Baroja. Colaborou na revista España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Estudiou composición no Conservatorio de Madrid e posteriormente ampliou coñecementos en Berlín. Profesor no Conservatorio de Madrid, obtivo o Premio Nacional de Música en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Padecer diarrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘ferida’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático. Cónsul en Veracruz, foi embaixador en Guatemala e México e ministro de Información, Propaganda e Arquivos de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Da súa produción destaca Amor, curiosidad, prozac y dudas (1997), Beatriz y los cuerpos celestes (Premio Nadal 1998), Nosotras que no somos como las demás (1999), La Eva futura. La letra futura (2000), Estación de infierno (2001) e De todo lo visible y lo invisible (V Premio Primavera 2001). Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Aberdeen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘brazo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘palleira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e enxeñeiro, fillo de Pedro Mateo Sagasta Escolar. Foi director do Instituto Geográfico e Estadístico e director xeral de Correos e Telégrafos (1910-1913). Militou no Partido Liberal e foi deputado polo distrito de Caldas de Reis durante 15 lexislaturas entre 1893 e 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo as advocacións de san Salvador, santa Mariña e Nosa Señora do Rosario que dá nome ao concello de Sarria, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Sarria, situado no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 46’ 80” de latitude N e 7° 24’ 70” de lonxitude O. Limita ao N con Láncara e O Páramo, ao L con Láncara e Samos, ao S co Incio e ao O con Paradela (todos eles situados na comarca de Sarria). Abrangue unha superficie de 184,6 km 2 cunha poboación de 13.422 h (2007), distribuída nas parroquias de Albán, Barbadelo, Belante, Betote, Biville, Calvor, O Camiño, Castelo dos Infantes, Cesar, A Chanca, Chorente, Corvelle, Fafián, Farbán, Ferreiros, Fontao, Frades, Goián, Lier, Loureiro, Lousadela, Louseiro, Maside, O Mato, Meixente, Nespereira, Ortoá, A Pena, Piñeira, A Pinza, Requeixo, Rubín, San Fiz de Reimóndez, San Fiz de Vilapedre, San Miguel de Vilapedre, San Pedro de Froián, San Sadurniño de Froián, San Salvador da Pena, San Vicenzo de Froián, San Xulián da Veiga, Santalla de Arxemil, Santo André de Paradela, Santo Antolín, Santo Estevo do Mato, Sarria, Seteventos, A Veiga, Vilamaior,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado no centro da provincia á beira do río Ter (3.708 h [2001]). Ten industria papeleira.

    VER O DETALLE DO TERMO