"beiro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Este topónimo semella estar relacionado co substantivo ‘beira’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘egua’.
-
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. De formación autodidacta, desenvolveu o seu traballo en diversos campos como o xornalismo, a pintura e a creación literaria. Nas súas obras, entre as que cómpre salientar Santa Compaña e María Soliña, conflúen a lóxica e o absurdo xunto co humor sobre a vida cultural e tradicional galega. Realizou exposicións dentro e fóra de Galicia. Así mesmo, é autor dun libro de debuxos titulado Garabullos (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Correspondente da axencia Efe en Galicia, ilustrador e pintor coñecido co pseudónimo de Masito Beiró. Amais de dirixir a revista Petroglifo, participou en numerosas exposicións individuais e colectivas dentro e fóra de Galicia. Obtivo o seu primeiro premio no ano 1966 nun concurso organizado por La Voz de Galicia. Foi finalista do Certame Nacional de Arte Xuvenil (1973), obtivo o Premio Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (1977) e o terceiro Premio Mestre Mateo (1974). Ilustrou os libros: Os cabeiros refolgos, Pasión y vida de un poeta, Antología poética e El hombre, la poesía y la vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ourense. Construción románica de finais do s XII, sufriu no s XVIII transformacións no pórtico, na espadana e nas capelas acaroadas da cabeceira dedicadas á Nosa Señora do Carme e a san Bieito. As primeiras mencións documentais fan referencia a unha doazón de Afonso VII e de dona Urraca a uns cabaleiros que, máis tarde, a cederon ás monxas de San Miguel de Bóveda. Ten unha única planta rematada nunha ábsida semicircular cuberta cunha bóveda de canón. A porta principal está formada por unhas arquivoltas de medio punto apoiadas nunhas columnas acobadadas a cada lado. O primitivo tímpano, que acollía unha imaxe de san Miguel, foi substituído por un lintel con peaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Morea de terra, herbas, silvas, etc, que está no bordo dun camiño ou dunha veiga e pode servir de límite entre os terreos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Cuntis. As súas armas levan, en campo de azul, un beirón en sinople.
-
-
Relativo ou pertencente á Beira, Portugal, ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Beira, Portugal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que forma parte dun corpo organizado para extinguir incendios. Entre as súas tarefas está tamén o salvamento de persoas en perigo ou accidentadas, o desafogo de vías públicas, o socorro en caso de grandes derrubamentos, terremotos ou inundacións, etc. Os primeiros corpos de bombeiros apareceron en Francia (1722), Gran Bretaña (1824) e Alemaña (1846) e, a finais do século, nos EE UU, algúns deles militarizados, como os corpos de zapadores-bombeiros, de orixe francesa. Á hora de actuar, a súa rapidez é un factor fundamental. Traballan axudados dunha escaleira automatizada que levan no coche de bombeiros e cun equipo formado por traxes ignífugos, casco, machete, equipos auxiliares de osíxeno para a respiración e mangueiras que se conectan ao propio vehículo ou ás bocas de rega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cavidade natural ou artificial feita nun terreo.
-
-
ariante gráfica de Caaveiro, que remite a Caveiro, apelido de orixe toponímica que vén da base prerromana *cal ‘pedra’
-
Liñaxe natural de Padrón. As súas armas levan, en campo de azul e en monte de sinople, un caabeiro.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Re-dondela baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariante gráfica do apelido Caveiro.
-
Liñaxe que leva por armas: en campo de sinople, un monte da mesma cor, perfilado de ouro e sumado dunha flor de lis tamén de ouro.
-
-
-
Que está situado no cabo ou no extremo.
-
-
Tipo de dente que se presenta na dentadura heterodonta dos mamíferos e que se caracteriza pola súa forma cónica, coa coroa acabada nunha punta, e por ter unha soa raíz. Colocados entre os dentes incisivos e os premolares en número dun ou ningún por hemimandíbula, serven para desgarrar os alimentos; en determinados mamíferos de presa, como por exemplo nos carnívoros, son utilizados como arma de ataque; noutros, como os xabaríns, teñen unha función de defensa.
-
Dentes que destacan do resto das pezas da dentición polo seu maior tamaño, como os incisivos dos elefantes ou os inoculadores de veleno das serpes velenosas.
-
-
Molusco da clase dos escafópodos, de simetría bilateral e de cuncha tubular, aberta polos dous extremos e de cor xeralmente branca ou marela. En Galicia os cabeiros máis comúns pertencen ao xénero Dentalium.
-
Moa do xuízo.
-
Parte do intestino groso próxima ao recto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica que procede da raíz céltica *camb- ‘cousa curva’.
-
-
Que ten as pernas tortas.
-
Persoa que fai ou vende cambas para os carros.
-
Gancho metálico situado ao final da gramalleira do que se colga o pote ou o caldeiro ao colocalos na lareira.
-
ara longa con dous ganchos no seu extremo para inclinar as pólas das árbores.
-
Corte curvo en forma de camba co que se marcan as orellas dos cabalos, das ovellas ou doutros animais.
-
Camiño estreito con abundantes curvas e desniveis.
-
-
PERSOEIRO
Actor. Comezou a súa actividade dramática no grupo da Universidade Laboral da Coruña. Ademais de ser fundador do grupo de teatro e monicreques Petón da Fox, en 1989, e do grupo Birimbau, en 1990, traballou no eido da dobraxe, como actor de teatro e televisión e tamén en curtametraxes. Participou, entre outros, nos espectáculos A esperar por Godot, do Teatro Galileo (1999), e Os vellos non deben de namorarse, do Centro Dramático Galego (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, comezou colaborando en 1980 no xornal El Correo Gallego e, en 1985, pasou a La Voz de Galicia. Traballou tamén na revista Ría de Arousa, un proxecto editorial que non tivo continuidade. No ano 1985 gañou o Premio Galicia de Xornalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO