cabeiro -ra

cabeiro -ra

(< cabo)

  1. adx

    Que está situado no cabo ou no extremo.

    Ex: Plantaron árbores nas partes cabeiras da veiga.

  2. adx e s m [ANAT]
    1. Tipo de dente que se presenta na dentadura heterodonta dos mamíferos e que se caracteriza pola súa forma cónica, coa coroa acabada nunha punta, e por ter unha soa raíz. Colocados entre os dentes incisivos e os premolares en número dun ou ningún por hemimandíbula, serven para desgarrar os alimentos; en determinados mamíferos de presa, como por exemplo nos carnívoros, son utilizados como arma de ataque; noutros, como os xabaríns, teñen unha función de defensa.

      Sinónimos: queiro.
    2. Dentes que destacan do resto das pezas da dentición polo seu maior tamaño, como os incisivos dos elefantes ou os inoculadores de veleno das serpes velenosas.

      Sinónimos: queiro.
  3. s m [ANIMAL]

    Molusco da clase dos escafópodos, de simetría bilateral e de cuncha tubular, aberta polos dous extremos e de cor xeralmente branca ou marela. En Galicia os cabeiros máis comúns pertencen ao xénero Dentalium.

  4. dente cabeiro/moa cabeira.

    Moa do xuízo.

  5. tripa cabeira [ANAT]

    Parte do intestino groso próxima ao recto.

Palabras veciñas

Cabeiras | Cabeiro | Cabeiro | cabeiro -ra | cabelado -da | cabeleira | Cabeleira de Berenice