cabeiro -ra
(< cabo)
-
adx
Que está situado no cabo ou no extremo.
Ex: Plantaron árbores nas partes cabeiras da veiga.
-
adx e s
m
[ANAT]
-
Tipo de dente que se presenta na dentadura heterodonta dos mamíferos e que se caracteriza pola súa forma cónica, coa coroa acabada nunha punta, e por ter unha soa raíz. Colocados entre os dentes incisivos e os premolares en número dun ou ningún por hemimandíbula, serven para desgarrar os alimentos; en determinados mamíferos de presa, como por exemplo nos carnívoros, son utilizados como arma de ataque; noutros, como os xabaríns, teñen unha función de defensa.
Sinónimos: queiro. -
Dentes que destacan do resto das pezas da dentición polo seu maior tamaño, como os incisivos dos elefantes ou os inoculadores de veleno das serpes velenosas.
Sinónimos: queiro.
-
-
s
m
[ANIMAL]
Molusco da clase dos escafópodos, de simetría bilateral e de cuncha tubular, aberta polos dous extremos e de cor xeralmente branca ou marela. En Galicia os cabeiros máis comúns pertencen ao xénero Dentalium.
-
dente cabeiro/moa cabeira.
Moa do xuízo.
-
tripa cabeira
[ANAT]
Parte do intestino groso próxima ao recto.